A Xunta abonou xa 1040 axudas á hostalería da bisbarra
- As axudas teñen unha contía media de 1.700€ por negocio
A Xunta fai contas do Plan de de Rescate que está realizando desde o inicio da pandemia. A través de tres liñas de apoios complementarias, afirman que xa recibiron axudas máis de 1.000 establecementos de restauración, bebidas e aloxamento e dirixidas ás persoas traballadoras autónomas, microempresas e especificamente ao sector da hostalaría.
Aseguran dende a Xunta que aínda haberá un terceiro Plan de rescate, coordinado polas 3 administracións, aportando a Xunta o 50%, as catro deputacións o 30% e os concellos o 20% restante.
CONCELLO | TOTAL AXUDAS CONCEDIDAS |
INVESTIMENTO |
Cabana | 40 | 56.175,00 € |
Camariñas | 10 | 21.075,00 € |
Carnota | 8 | 12.400,00 |
Carballo | 305 | 532.300,00 € |
Cee | 65 | 110.625,00 € |
Corcubión | 11 | 25.200,00 € |
Coristanco | 43 | 60.325,00 € |
Dumbría | 28 | 46.675,00 € |
Fisterra | 34 | 78.300,00 € |
Laracha, A | 93 | 155.600,00 € |
Laxe | 39 | 49.250,00 € |
Malpica | 67 | 88.275,00 € |
Mazaricos | 13 | 26.725,00 € |
Muros | 11 | 25.200,00 € |
Muxía | 47 | 80.375,00 € |
Ponteceso | 64 | 83.825,00 € |
Santa Comba | 51 | 124.000 € |
Vimianzo | 100 | 165.275,00 € |
Zas | 11 | 22.500,00 € |
TOTAL | 1040 | 1.764.100,00€ |
OS GALP e GDR
Entre O Grupo de Desenvolvemento Rural Costa da Morte (GDR) (que traballan en Cabana, Camariñas, Carballo, Carnota, Cee, Corcubión, Coristanco, Dumbría, Fisterra, A Laracha, Laxe, Malpica, Mazaricos, Muxía, Ponteceso, Vimianzo e Zas), durante o 2020 axudaron a poñer en marcha na comarca 9 proxectos que mobilizaron 1,4 millóns de euros con axudas que ascenderon a 431.000€.
En relación co GALP tamén tramitou 9 proxectos con axudas que ascenderon a 900.000 euros. Deste importe o GALP dedicou o 94,4% ao desenvolvemento de proxectos produtivos e o 5,6% a proxectos non produtivos. Este Grupo aglutina a 51 entidades sociais e a 9 concellos da comarca: Cabana de Bergantiños, Camariñas, Carballo, A Laracha, Laxe, Malpica, Muxía, Ponteceso e Vimianzo. O