COVID: Como afecta a nova “desescalada” e a reapertura progresiva da hostalería na Costa
Semella que as manifestacións da hostalería, porque o presidente da Xunta vén de anunciar este mediodía a súa “reapertura progresiva” en toda Galicia a partir deste venres (dende a medianoite do xoves ao venres), e en función de diferentes modelos de restrición.
A Xunta levantou ademais o peche perimetral en 8 concellos, entre eles os afectados das zonas de Santiago e Ourense. Non toca na Costa da Morte, pois a realidade é que, agás os Concellos de Corcubión (sen casos), Fisterra, Camariñas e Laxe (entre 150 e 250), o resto de concellos superan a taxa de incidencia acumulada a 14 días de 250 casos por cada 100.000 habitantes.
Deste xeito, os peches perimetrais seguen vixentes pero con variacións: Carballo e A Laracha por un lado; Coristanco, Cabana, Malpica e Ponteceso por outro; Vimianzo en solitario e o conxunto Cee-Muxía-Dumbría. Curiosa a situación que vive o Concello de Laxe, pechado pero por mor dos peches perimetrais dos Concellos que o rodean.
En todo caso, segundo o mapa desta segunda desescalada de GCiencia, vemos como nos afectan os nvos niveis de restricións:
- Nivel Máximo: Carballo e A Laracha (Reunións de máx. 4 persoas; e a hostalería reabrirá só coas terrazas ao 50% e con peche ás 17h).
- Nivel Medio Alto: Coristanco, Malpica, Ponteceso e Cabana; Vimianzo; e Cee, Muxía e Dumbría: (Reunións de máx. 4 persoas; e a hostalería reabrirá co Interior ao 30%; as terrazas ao 50% e peche ás 17h).
- Nivel Medio: Laxe: (Reunións de máx. 6 persoas; e a hostalaría reabrirá co Interior ao 40% e as terrazas ao 50%, e co peche ás 23h).
- Nivel Baixo: Santa Comba, Mazaricos, Zas, Carnota, Muros, Corcubión, Fisterra e Camariñas (Reunións de máx. 6 persoas; e a hostalaría co Interior ao 50% e as terrazas ao 75%, co peche ás 23h).
Nadal na casa e a Ponte sen ir a Portugal
Sorprende a Xunta con dúas decisións de cara a esta ponte e a este Nadal. De cara a esta ponte, dende o venres 4, a Xunta prohibe viaxar a Portugal, restrición que estara en vigor ata o mércores 9.
Con respecto ao Nadal, se ben por agora non é unha decisión en firme, Feijoo, sinalou que estudan permitir xuntanzas de dúas unidades familiares, independentemente do número de membros.
O toque de queda das 23:00h mantense vixente.
Máis novas do COVID
- 01-12-2020: COVID: Así está a situación do coronavirus na Costa da Morte.
- 30-11-2020: A hostalería da Costa da Morte sae á rúa para pedir o seu “rescate Xa!”.
- 27-11-2020: COVID: A Xunta anuncia o peche perimetral de Cee, Dumbría e Muxía.
- 27-11-2020: COVID: Bergantiños dobrega a curva.
- 23-11-2020: COVID: A comarca de Bergantiños segue a ter unha taxa de incidencia superior aos 800 casos por cada 100.000 habitantes.
- 22-01-2020: COVID: A Costa da Morte rexistra 685 casos positivos.
- 20-11-2020: COVID: Laracha súmase ás restricións da comarca de Bergantiños.
- 18-11-2020: COVID: Vimianzo ponse en laranxa pero a cousa non mellora en Bergantiños.
- 17-11-2020: A hostalería da Costa da Morte acode a santiago para pedir un Plan de Rescate Xa.
- 15-11-2020: COVID: Laracha tamén se pon en Nivel 3.
- 13-11-2020: A Xunta activa o peche permitral e da hostalería de 6 concellos de Bergantiños.
- 13-11-2020: COVID nos Centros de Ensino: 99 casos activos e 10 aulas pechadas.
- 12-11-2020: COVID: Dumbría ponse en cor amarelo; Cee e Santa Comba saen do nivel vermello-
- 10-11-2020: COVID: Coristanco ponse en vermello.
- 08-11-2020: COVID: 6 concellos en alerta vermella.
- 04-05-2020: Carlos do Celme Café: “Xa nos mataron en vida”.
- 03-11-2020: COVID: Malpica tamén se sitúa en Nivel 3 de Alerta sanitaria.
- 02-11-2020: COVID: 13 concellos xa afectados na comarca.
- 30-10-2020: Vimianzo, primeiro concello costeiro que sofre o peche perimetral.
- 28-10-2020: COVID: 10 concellos afectados, 45 positivos en centros de ensino, e 4 hospitalizados no HVdX
- 26-10-2020: COVID: 9 Concellos xa afectados; A Laracha, Carballo, Muros e Vimianzo en nivel 3.
Artigos relacionados
- Javier López Moríñigo: VIH e COVID-19: razóns para a esperanza, e avisos.