Luns. 07.10.2024
El tiempo

COVID: A Xunta limita a mobilidade en todos os Concellos e obriga a pechar a hostalería ás 18:00h

  • A Residencia de Maiores DomusVi de Vimianzo rexistrou dous novos falecidos diagnosticados con COVID.
Cribado de COVID en Muxia
Imaxe dun cribado de COVID en Muxía
COVID: A Xunta limita a mobilidade en todos os Concellos e obriga a pechar a hostalería ás 18:00h

Á falta de coñecer os detalles que dará mañá o presidente e o Conselleiro en rolda de prensa, a Xunta, despois da reunión do Comité Clínico, avanza que subirá a restricións en toda Galicia. Deste xeito, os Concellos de máis de 10.000 habitantes (Carballo e A Laracha na nosa comarca) quedarán no nivel máis alto de restrición, mentres que os de menos pasarán a nivel medio-alto.

Así, todos os Concellos sufrirán restricións de mobilidade (veremos se se manteñen os peches perimetrais conxuntos ou unicamente a nivel municipal), salvo por causas laborais, sanitarias ou para coidar a maiores ou menores. Así mesmo, toda a hostalería pechará ás 18:00h, e só poderán abrir cun 30% de aforo no interior e 50% no exterior.

Ademais, as reunións están limitadas a un máximo de 4 non convivientes.

Dous novos falecidos en Vimianzo

A situación na residencia DomusVi de Vimianzo segue sendo crítica, e neste comezo de semana xa foron dous os novos falecidos diagnosticados de COVID, con patoloxías previas. O luns era un home de 95 anos e onte unha muller de 84.

Máis novas sobre o covid

Artigos relacionados

Comentarios