Xoves. 18.04.2024
El tiempo

Youtubeiras lanza unha nova edición para afianzarse como a gran comunidade creativa da rede galega

Presentacion de Youtubeiras
Youtubeiras lanza unha nova edición para afianzarse como a gran comunidade creativa da rede galega

Precisamente no marco do exitoso Carballo Interplay, a interesantísima mesa dos Masters da Internet reflexionaba sobre a importancia que a iniciativa Youtubeiras tivo para a rede galega. Uns Premios que celebran a sua 5ª edición gracias ao compromiso dos servizos de normalización lingüística dos concellos da Baña, Ames, O Grove, Moaña, Negreira, Pontevedra, Ribadeo, Rianxo, Santiago de Compostela e Teo, das universidades da Coruña, Santiago e Vigo e da Deputación da Coruña, pero que bota de penos o apoio da Xunta.

Este ano busca a consolidación da comunidade creadora “que medrou ao abeiro do concurso”, que só o ano pasado fomentou a creación máis de 530 vídeos en galego.

Os galardóns, que este ano teñen como lema ‘Magnetismo en liña’, repartirán un total de 7.500 euros entre as persoas gañadoras da ducia de categorías nas que se divide o certame. O prazo rematará así o 22 de outubro. 

A formación é un dos alicerces desta edición 2021. Os Premios Youtubeiras, que teñen como finalidade ser acicate da creación en Youtube con temáticas e formatos diversos, así como promover e visibilizar  as/os youtubeiras/os en galego, ofrecerán novas formacións nos próximos meses, que lle darán continuidade ao obradoiro impartido por Xoán Escudero ao comezo do verán, centrado na mellora da calidade sonora dos vídeos. Neste mes de setembro, Adrián Suárez impartirá un curso sobre posicionamento na creación dixital e por último en outubro, Bárbara Román, avogada especializada en empresas tecnolóxicas, desenvolverá aspectos legais do Youtube. Deste xeito, a formación nesta quinta edición pretende ser máis especializada.

Novas relacionadas

Comentarios