O Carballo Interplay 2021 ofreceu ao mundo unha inmellorable panorámica da innovación na rede

Rematou a 8ª edición do Festival Carballo Interplay. O Festival de Contidos Dixitais máis importante do estado combinou creación, con activismo, humor, e lingua, para deixarnos outra fin de semana para a lembranza.
Un festival que este ano volveu ao mundo real trala edición puramente dixital realizada o pasado ano pandémico. A meirande parte das actividades cubriron o aforo permitido, pero hai cousas que chegaron para quedar, como o refrenda a posibilidade de ver en streaming pracitcamente todos os contidos a través de tres plataformas: Youtube, Facebook e Twitch. Este é o videoresumo recén saído do forno:
Sonia Méndez, a directora do festival, valora que tras 8 anos de vida esta sexa "unha cita de referencia para o sector dixital global que cada ano ofrece, dende Carballo para o mundo, unha panorámica da innovación na rede a nivel galego, español e internacional, cunha completa Sección Oficial con webseries de todo o mundo e cun programa de actividades coas que aprender e divertirse arredor dos contidos para Internet".
Méndez lembra o obxectivo do Interplay de "ofrecerlle á xente de Carballo e de Galicia todo o que hai que saber sobre a internet galega e en
galego, unha ollada dos contidos e formatos que lles interesan ás xeracións Z e Centennial, e que están facendo as canles públicas de Galicia e Portugal para achegarse a ese público máis novo. Ademais quixemos afondar sobre como podemos posicionarnos como activistas na rede, especialmente a través do humor". "Pensamos que o conseguimos e que tanto nós como o público gozamos o proceso", reflexiona.
O concelleiro de Promoción Económica e un dos grandes valedores do festival, Xosé Regueira, valora con fachenda que "un ano máis, e xa van 8, o Interplay converteu Carballo na capital do dixital, no epicentro do que está a pasar na rede, ou mesmo do que en pouco tempo vai estar pasando nela. Mais unha vez, o Carballo Interplay foi un espazo para o talento e a criatividade, mais tamén para a liberdade, a transgresión, a disidencia e a loita polo futuro".
Apuntou que o "festival cada vez atrae máis xente á vila de puntos de toda Galiza e do estado", gracias a "unha programación de luxo que provocou unha grande resposta do público, un amplo seguimento na rede, humor, debate, intercambio, profesionalidade..."
"Sen dúbida unha fantástica edición que non é froito da casualidade senon do enorme talento da súa directora Sonia Méndez, dunha equipa superprofisional, do esforzo da área técnica de Turismo de Carballo e das voluntarias que nos axudaron no desenvolvimento do mesmo", conclúe Regueira.
Aposta pola lingua
Javi Sega e Pedro Brandariz
Cómpre destacar a aposta pola creación en lingua galega, con dous premios. E o Premio á mellor serie en versión orixinal en galego, dotado con 800 euros e trofeo, para Mataría, microserie, dirixida por Javi Sega. Unha serie protagonizada por Pedro Brandariz, que continúa engrandecendo o seu mito aoredor do festival.
E o Premio ao mellor proxecto a serie web en galego para “Pringadas”, de Belén Puime, “pola necesidade de contidos en galego enfocados á xeración Z, por afondar e conectar coa súa realidade e pola liberdade dunha proposta que fuxe dos estereotipos”.
A lista de premios
Esta é a lista de gañadoras da 8ª edición:
- Premio Mellor serie estatal, dotado con 800 euros e trofeo, para "La reina del pueblo”.
- Premio ao mellor guión, dotado con 200 euros e trofeo, para Raúl Navarro por "La reina del pueblo”.
- Premio Mellor serie en versión orixinal en galego, dotado con 800 euros e trofeo, para "Mataría”.
- Premio do público, dotado con 400 euros e trofeo, para "Mataría”.
- Premio á mellor dirección, dotado con 200 euros e trofeo, para Beatriz Abad por "Riders”.
- Premio ao mellor proxecto a serie web en galego para "Pringadas", de Belén Puime.
- Mellor serie internacional, dotado con 800 euros e trofeo, para "Mortal Glitch”.
- Premio do xurado novo, dotado con 400 euros e trofeo, para "Psicóticas Inseguras”.
Así foi a Gala de entrega de premios dirixida pola curiosa parella de vexetais Rebel Garden:
O Interplay na rede
Aquí vos deixamos un par de mesas, pero téndelas case todas (algunha mellor que quede no directo…) na lista de streamings CIP 2021 do Youtube:
NOVAS RELACIONADAS
- Interplay: Os Masters da rede galega debullaron as principais canles creativas.
- 2021: Arrinca un Carballo Interplay cheo de humor, compromiso e talento galego.
- 2021: O Campamento Kamikaze fai de Carballo un escenario fetén.
- 2021: O humor máis disidente da rede española, no Carballo Interplay.
- 2021: O Interplay reunirá en Carballo os "Masters da internet" de Galicia.
- 2021: 23 webseries, 4 en galego, competirán na 8ª edición do Festival Carballo Interplay.
- 2020: 23.000 visualizacións demostran o potencial da rede do Carballo Interplay
- 2020: A creatividade fluíu na rede gracias ao Carballo Interplay
-
Antía Suárez: "O Carballo Interplay visibiliza o traballo da xeración máis nova"
-
O Interplay volveu convertir Carballo na capital da cultura dixital global
-
Carballo Interplay, ou o epicentro mundial dos contidos dixitais