mércores. 04.06.2025
El tiempo

2.500 cativos carballeses cociñará contos da Semana do Libro no Pazo da Cultura

2.500 cativos carballeses cociñará contos da Semana do Libro no Pazo da Cultura

Xa estivemos vendo as propostas culturais de varios centros costeiros. O Concello de Carballo dá un paso aduante, e propón unha IX Semana do Libro e a Lectura para chegar, nada menos, a 2.500 cativos. Un programa ademais, perfectamente compatible cos ”Contos de Taberna”.
A Semana se desenvolverá entre o 5 e o 9 de maio no Pazo da Cultura de Carballo, organizada pola Asociación Socio-Pedagóxica Galega (AS-PG) e o Concello de Carballo, coa colaboración da Fundación Luís Calvo Sanz.

Este ano, o lema da Semana será "Cociñando contos”. E diso se trata, de ir cociñando material que sirva para unha mostra que de seguro se convirte nunha das máis visitadas, e que inclúe tamén unha exposición de libros cedidos por distintas editoriais e unha exposición da AGPI titulada: "A que sabe este libro?".

Mañás de obradoiros, tardes de espectáculos

Pola mañá tocarán obradoiros variados, dende a maxia de Martín Camiña, ata aos típicos contacontos, pasando polo teatro de Elefante Elegante ou Baobab, a ilustración e a banda deseñada, a música ou incluso a arte, cun obradoiro que conta coa colaboración do artista local Mon Lendoiro.
Xa polas tardes, ás 18.30 horas, as familias poden acudir ao Pazo da Cultura para gozar, unha vez máis, coa maxia, cos contos, con TrinkeTrinke e a súa aposta de combinar historias e cociña, e, por último, co humor de Peter Punk.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios