domingo. 08.06.2025
El tiempo

A AMEGA abordará no Culturgal un debate sobre a situación do galego nos medios

A AMEGA abordará no Culturgal un debate sobre a situación do galego nos medios
Asociacion de Medios en Galego-Tarxeta

Estará presente no Culturgal, por primeira vez como tal, a Asociación de Medios en Galego (AMEGA). A entidade, formada por 12 grupos de comunicación unidos pola nosa lingua, terá o seu posto na Feira das Industrias Culturais de Galicia.

A AMEGA terá o seu posto no que ademais de explicar aos visitantes a filosofía dos medios que forman a entidade, realizarán varias emisións en directo. Varios responsables dos medios da Asociación participarán nun debate sobre a situación da nosa lingua na media galega. Estarán presente representantes de Valmiñor.info, A Nova Peneira, Galicia Confidencial, Tempos Novos, Sermos, Que pasa na Costa e a Rede de Emisoras Municipais Galegas RadioFusión.

Paralelamente realizarán varias conexións en directo facendo un pecorrido por toda a Feira e diferentes entrevistas a protagonistas da escena cultural galega.

A AMEGA

Asociacion de Medios en Galego-Tarxeta 2

A AMEGA está formada polos seguintes medios: Radio Fusión-Rede de Emisoras Municipais Galegas, Galicia Confidencial, Praza, Sermos Galiza, Tempos Novos, Novas da Galiza, A Nova Peneira, Valmiñor.info, Que pasa na Costa, A Voz de Vilalba, Crónica 3 e Terra Cha Xa.

 

Presencia costeira a través da Deputación

Tamén por vez primeira, a Deputación da Coruña ten presenza en Culturgal. No stand que estará aberto no maior escaparate da cultura galega proxectaráse a través dunha pantalla de vídeo imaxes da Rede Cultural cunha selección de grupos e compañías de teatro, danza ou música participantes ademais doutras iniciativas que se desenvolven en distintos concellos como o festival de Ortigueira, o FIOT (que este ano xuntou a máis de 10.00 espectadores) e Rexenera de Carballo, a Festa da Dorna de Ribeira, a a Chanfaina Lab e o Fálame de San Sadurniño, a Mostra de Artesanía ao Vivo e o Asalto do Castelo de Vimianzo, a Festa da Carballeira de Zas ou o Curtocircuito de Santiago de Compostela, patrocinado pola Deputación que este ano resultou gañador da premio do público do Culturgal.

Novas relacionadas

Fonte e máis información

Comentarios