Venres. 13.09.2024
El tiempo

A Anpas manifestaranse en Cee e Carballo pola gratuidade dos libros de texto

A Anpas manifestaranse en Cee e Carballo pola gratuidade dos libros de texto
Non-ao-cambio-de-libros-de-texto-640x281

Despois da revolta contra a Reválida, a Federación de ANPAS da Costa da Morte, e a súa matriz a Confederación de Anpas Galegas, ponse a protestar pola gratuidade dos libros de texto, un tema recurrente ano tras ano, e que as administracións non dan solventado. Esta pasada semana, ademais de contestar a unhas declaracións do Conselleiro, aprobaron unha batería de concentracións comarcais en toda Galicia organizadas pola Confederación de Anpas Galegas “Pola gratuidade universal dos libros de texto e material escolar”.<&p>

Así, o luns 15 de xuño ás 20:00 horas, haberá concentracións en Cee e Carballo, co lema: “Rebélate contra as inxustas Ordes de libros de texto. Defende o dereito ao Ensino Público! Pola gratuidade dos libros de texto”.

Resposta ao Conselleiro

Enviaban unha dura carta a semana pasada as ANPAS ao Conselleiro de educación. E a resposta sorprendeu a uns e outros ante a “constante descualificación a que o conselleiro de educación está sometendo ás ANPA públicas”. Debe estar confundido o Conselleiro pois recordan que a Confederación de ANPAS GALEGAS son pais e nais de Galicia, “onde estamos máis de 300 anpas pertencentes ás Federacións das comarcas de Cangas, Condado-Paradanta e Louriña, Compostela, Costa da Morte, FerrolTerra, Val Miñor e Vigo, xunto con todas as da Federación Provincial de Lugo”. Aseguran que ”NUNCA, en ningún momento, defendemos a creación de Bancos de Libros por parte da Xunta de Galicia”, tal e como argumentou.

Explican, que “o que demandamos dende a nosa creación é que a Xunta de Galicia forneza de libros de texto, e do material didáctico substitutivo ou adaptado que se poida utilizar, a TODO O ALUMNADO DO ENSINO PÚBLICO GALEGO, sen consideracións sobre o seu nivel de renda, porque o diñeiro público provén dos nosos impostos, en cuxa recadación xa participamos de acordo co noso nivel de renda, polo que rexeitamos as duplicidades”.

Ademais, piden que “se realice a través dun sistema de préstamo que, á parte do evidente aforro para o noso diñeiro público, transmita aos nosos fillos e fillas os valores de reciclaxe, coidado para o grupo, e responsabilidade na xestión das cousas comúns”.
Solicitan que ”todo o traballo administrativo derivado da organización deste sistema de gratuidade que defendemos non sexa realizado polo persoal docente porque está claramente á marxe da súa función e constitúe unha sobrecarga inaceptable”.

Máis información

Novas sobre a loita contra a LOMCE

Fonte

Comentarios