Venres. 19.04.2024
El tiempo

A APTCM aprobou a súa integración no CMAT e a renuncia do seu presidente

A APTCM aprobou a súa integración no CMAT e a renuncia do seu presidente
Manuel Pan presentou a sua renuncia como presidente da APTCM-Foto-Anabel Pineiro

Novo paso adiante do sector turístico da Costa da Morte, seguindo a liña que marcan as administracións. A eliminación de duplicidades faise patente e por aí vai a APTCM, que na asemblea celebrada onte aprobaba por unanimidade a súa integración no novo ente xestor CMAT, que vén sendo o único interlocutor que acepta a Xunta.

I é que nos últimos tempos as liñas marcadas da Xunta obrigan a organizar internamente o sector, adaptarse ao eido dos Xeodestinos como están facendo en outras zonas como As Mariñas ou Muros-Noia onde xa están moi avanzados os novos entes, e a Costa da Morte non poder quedar fóra.

Un CMAT que non só servirá de interlocutor coa Xunta, se non que tamén terá que ser a entidade que coordine o sector a nivel comarcal, e sobre todo, debe ser o ente aglutinador, o punto de encontro do sector turístico, tanto para concellos como as Asociacións, invitando á Neria a adherirse ao propio.

3 liñas de actuación

A xuntanza tamén serviu para prantexar cuestións de funcionamento, os dos pasos a dar antes de integrarse no Consorcio para xa ter liñas marcadas de actuación, que se poden ir traballando cos fondos propios da APTCM.

Precisamente a dirección propuxo 3 liñas de actuación: corrixir as deficiencias na sinalética tanto nas cidades como A Coruña e Santiago como na propioa bisbarra; a ordenación dos Puntos de recepción e Información Turísitica; e a comercialización, máis que a promoción do produto turístico Costa da Morte.

Renuncia do presidente e adhesión dos Concellos

Outro dos puntos da orde do día era a renuncia do presidente. O carballés Manuel Pan, no cargo dende 2006, presentou a súa renuncia, pero quedará en funcións mentres se preparan todos os trámites de cara á asemblea de despois do verán. Deste xeito, xa terá que empezar a haber movementos para buscar unha candidatura, pero cómpre salientar que hai moita xente válida para formar unha gran directiva, ao tempo que hai moito interese en meter xente nese ente.

Ademais, douselle coñecemento á asemblea dos Concellos que xa aceptaron, a gran maioría, se ben faltan algún como Dumbría e Carnota, que por desavenencias por agora non están interesados, e un par deles máis que están retrasando a adhesión por cuestións administrativas.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios