A Axenda chega completa


Cargadísima de cousas chega a Axenda Cultural da Costa da Morte esta fin de semana. Comezando xa, hoxe venres, cun Obradoiro de Cociña en Muros, co comezo das Festas de Santa Irene, e coas Xornadas Culturais que artella Galiza Nova Fisterra.
As citas sabatinas serán se todos os calados. Ademais das sesión teatreiras en Cee con Talía Teatro e en Dumbría con Badius, Lires acolle a fermosa Xuntanza Folk. Por Santa Comba tamén tomarán o tema tradicional e salvaxe, coa Festa Celta.
En Carballo disfrutarán coa Festa da Lingua e a do Festa do Pan, que xa se desenvolverán en sesión domingueira. Tamén o domingo, Vimianzo poderá rematar coa sesión vermú en Santa Irene e logo ir ao Teatro á Casa da Cultura
Poden ollar todas as propostas socio cultural en www.axendacostadamorte.com. Aquí vos deixamos as propostas:
Máis información
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).