A Axenda cultural e festexeira da fin de semana

11:00 02/06/11

Chega completa a Axenda Cultural da fin de semana na Costa da Morte. Chega con diferentes propostas, como cine, monólogos, concertos, teatro e festas.
O venres poderemos ir ao Cine de Corme, coma sempre o venres ás 22:00h, ou a un monólogo en Muxía.
As citas do sábado son máis variadas: unha de teatro en Berdeogas, un festival no Pozo do Cachón de Muros, un concerto en Carballo, ou cita festexeira en Lamas (Zas).
Para o domingo o protagonismo o terá a a Festa Campestre da Pereiriña e tamén as propias Festas de Lamas.
Poden ollar todas as propostas socio cultural en www.axendacostadamorte.com.
Máis información
Novas relacionadas
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).