A #AxendaCostadaMorte chega cargada para recibir o Nadal
07:11 08/12/17
Xa se albisca o Nadal e os programas culturais xa están as portas. Pero nestas datas previas, a #AxendaCostadaMorte (que tendes sempre accesible en quepasanacosta.gal/axenda), trae para esta fin de semana unha marea de actividades: Roteiros culturais, festas, concertos, teatro, monólogos…
Antes, os amigos de 4gotas.com tráennos o parte costeiro:
A fin de semana virá marcada pola presenza da chuvia, especialmente no domingo.
O venres as chuvias cesarán a medida maña e mesmo acabará saíndo o sol no mediodía e primeras horas da tarde.
Contra a noite volverán as nubes e o sábado choverá se xeito feble.
A medida que avance a tarde do sábado as chuvias irán a máis e o domingo será pasado por auga, sobre todo na tarde cando tamén zoará con moita forza o vento.
Atentos á web para o luns porque podería ser un día moi complicado, pola chuvia, polo vento e polo frío que mesmo podería deixar neve en cotas baixas...
Festas
- Festas de Santa Eulalia de Brens. Volven as verbenas á bisbarra, baixo carpa, iso si!
Outras citas
- Concerto en Corcubión, a golpe de venres.
- Roteiro arquitectónico en Laxe na mañá do sábado para visitar, con Xosé María Lema Suárez, as igrexas laxeiras.
- Concerto no Semáforo, da man dos Rapacollóns coa música tradicional de “Nin chicha nin patacón”.
- Concerto en Laxe. A Ventana acolle o venres unha nova cita musiqueira.
- Monólogo en Camariñas, coa Nabiza Girl de Isabel Risco para a noite do sábado.
- Por Vimianzo terán un Domingo de Teatro co grupo A Panadeira.
Exposicións
- Castelo de Vimianzo. A fortaleza así como a súa mostra de artesanía ao vivo pódese visitar martes a domingo de 10:30 a 14 e de 16 a 19 horas. Visitas guiadas gratuítas: sábado e domingo ás 12 e ás 19 horas.
- Conxunto etnográfico do Mosquetín. O conxunto de muíños e batáns do Mosquetín abre as súas portas todos os días da semana dende as 11 horas ata ás 18 horas. Os sábados e os domingos hai visita guiada ás 13 e ás 18 horas.
- As Torres do Allo, en Zas, abre sábados e domingos e festivos (de 11 a 19 horas). Ademais, o pazo acolle unha mostra de pezas de Olería de Buño e ofrece visitas guiadas gratuitas ás 13 e ás 17 horas.
- No dolmen de Dombate ofrécense visitas guiadas todos os días de 10:30 a 14 e de 16 a 18:30 horas.
- A Casa da Cultura de Vimianzo acolle dende a exposición “Teatro do Atlántico 30 anos actuando” na que se fai un percorrido pola traxectoria dunha das compañías máis lonxevas da comunidade.
- Redacción QPC ([email protected])