Venres. 26.04.2024
El tiempo

A #AxendaCostadaMorte énchese de citas

A #AxendaCostadaMorte énchese de citas
axenda-costa-da-morte-26-maio-2017 Intensa actividade na #Axenda desta fin de semana na Costa da Morte que chega con algo de todo: teatro, gastronomía, andainas e... festas, que pouco a pouco van collendo oco nas principais citas de ocio da bisbarra. En canto ao tempo, tamén haberá algo de todo. Así o indica o parte costeiro de 4gotas.com, que deixa claro que será unha fin de semana cun pouco de todo.
O venres será o día máis primaveral. Baixan as temperaturas, non se superarán os 20 graos e choverá. Xa o fará a primeira hora e choverá ata o mediodía. Na tarde do venres non choverá e iranse abrindo claros.
O sábado comezarán a subir as temperaturas outra vez e volverá a ser un día de bochorno.
Haberá bastantes nubes, moita humidade, pero non choverá.
O domingo o risco de chuvia é maior ao do sábado. Sobre todo na madrugada e na mañá onde é moi posible que orballe, a partir de aí non debería chover, irá calor e abafo.
En calquera caso o prognóstico do domingo aínda non é 100% fiable e é convinte chequear a web para verificalo.

Teatro

Rutas de sendeirismo

Festas

Exposicións permanentes

  • Castelo de Vimianzo. A fortaleza así como a súa mostra de artesanía ao vivo pódese visitar todos os días da semana en horario de 10:30 a 14 horas e de 16 a 19 horas.
  • As Torres do Allo, en Zas, abre sábado e domingo de 11 a 19 horas. Ademais, o pazo acolle unha mostra de pezas de Olería de Buño e ofrece visitas guiadas gratuitas ás 13 e ás 17 horas.
  • No dolmen de Dombate ofrécense visitas guiadas todos os días de 10:30 a 14 e de 16 a 18:30 horas.

Gastronomía

  • Xornadas gastronómicas en Vimianzo. Varios restaurantes da vila ofrecen ata este domingo un menú especial que se enmarca dentro das Xornadas Gastrómicas Primavera 2017. O menú ten un custe de 20€ por persoa, coa bodega á parte. Para comer ou cear nestas xornadas de degustación é preciso reservar previamente.
  • Rutas de tapas en Santa Comba. Esta fin de semana continúa en Santa Comba a VII edición da Ruta de Tapas na que participan oito establecementos da vila.
  • Carballo por Etapas. Esta fin de semana chega a 5ª edición do Carballo por Etapas. 19 establecementos ofrecerán tapas especiais por 1,5€.

Feiras do comercio

  • II Festa da Primavera no comercio de Cee. Esta fin de semana, dezanove comerciantes de Cee sacan os seus productos á rúa con descontos especiais e animacións.
  • I día do Comercio en Laxe. Varios comercios da vila participan este sábado no I Día do Comercio no que no faltará a gastronomía nin os descontos e os sorteos.

Outras citas

Fonte

Comentarios