xoves. 15.05.2025
El tiempo

A Costa da Morte non quere quedar fóra da Ruta Conserveira

A Costa da Morte non quere quedar fóra da Ruta Conserveira
Presentando a Ruta Conserveira A Ruta Conserveira

O turismo industrial é unha das vías que quedan por explotar no país. E se ben pola Costa da Morte non somos unha potencia en materia industrial, si que temos unha tradición conserveira que se pode aproveitar. Concellos, empresarios e a Deputación veñen de poñer en marcha a chamada “Ruta Conserveira” (en facebook, en castelán, La Ruta Conservera) que pretende aproveitar o tirón histórico de carpinterías de ribeira, envasadoras conserveiras, museos do mar, visitas a bateas, todo mesturado, por suposto, de sabrosas degustación “in situ”, facendo que o turismo gastronómico tamén sexa recurrente,

Así a anunciaron, como “revulsivo económico” e como “recuperador dunha identidade”, unha campaña que nace no Ortegal e que chega ata a Barbanza, pasando pola Costa da Morte. I é que en Galicia están o 80% dos traballadores e o 50% das propias industrias conserveiras.

Alí, na presentación oficial realizada en Ribeira, había membros da Neria, de Cerdeimar, da Asociación de Empresarios de Camariñas e da APTCM. A Costa da Morte non quere perder esta oportunidade. Estaremos atentos aos pasos que se dan.

Novas relacionadas

Fonte

  • Deputación.

Comentarios