A Costa da Morte solidarízase con Gaza a base de medicamentos
Co apoio do colectivo Cosal Costa da Morte, a campaña de recollida de medicamentos para enviar a Gaza, Palestina, que artellou o BNG comarcal a comezos de mes xa está a piques de rematar.
E de rematar cunhas grandes conclusións, pois a recollida desbordou as previsións dos organizadores. “A xente da Costa da Morte acudíu en masa a doar mediciñas; de todo había entre o material, dende os analxésicos, antibióticos e antiinflamatorios, ate as luvas e material de sutura que se solicitaba”, cóntanos o responsable do BNG costeiro Serxio Domínguez.
Queixeron deastacar tamén, “a enorme solidaridade da xente independentemente dos seus recursos, proba delo as caixas de medicamentos que viñan encetadas, pero que a xente prescindíu delas para poder enviar a Palestina”.
Así, con todo o material, puideron encher unha furgoneta dun compañeiro que, altruistamente transportará hoxe Compostela todo o recadado.
Dende o BNG non poden máis que dar as grazas de todo corazón, a todas e cada unha das persoas que colaboraron, as farmacias Val Álvarez, e Díaz Álvarez de Fisterra, a farmacia de Marina Chao Díaz da Anchoa, a farmacia Guillén de Cee, a farmacia de O Pindo en Carnota, e a parafarmacia Cee pola súa imprescindible e desinteresada colaboración, sen eles o éxito tería sido moito menor.
Novas relacionadas
- Cosal Costa da Morte anima a participar en campañas por Palestina.
- Unha campaña de recollida de Medicamentos para Palestina.
- Equipaxe de man: Viaxe á Terra Santa.
- 11-07-14: Apoiando ó pobo palestino.
- 16-05-13: Ata Cee celebrou o Día da Nakba por Palestina.
- As Bondades da Fala con Mohamed Safa: “Algún día poderei dicir que son palestino e libre ao mesmo tempo”.
- Mohamed Safa: “O pobo árabe ten fame, pero de dignidade”.
- A Costa da Morte tamén garda un minuto de silencio por Gaza.
- Vivindo a ocupación en primeira persoa.
- Leo Bassi e Pallasos en Rebeldía rompen o muro da desinformación en Corcubión.
- 2010: Conferencia de Ghaleb Jaber e Mohamed Safa: “Os palestinos non falamos dun problema ideolóxico, senón de ocupación”.
- 2009: Entrevista con Mohamed Safa: Mohamed Safa: “O conflito precisa un cambio radical na posición internacional”.
Fonte
- Cosal Costa da Morte.