A miniserie rodada nas nosas praias "Mar Libre" gaña varios certames internacionais


Da importancia para o sector audiovisual galego é a internacionalización das súas producións. Hoxe coñecemos unha moi boa nova, i é que a miniserie "Mar Libre", rodada en boa parte nas praias de Louro e Caldebarcos, vén de recibir a Placa de Ouro na categoría de Miniserie de TV no "47th International Film Festival Hugo Awards de Chicago".
Ademais, a miniserie Mar libre, ven de gañar tamén hai uns días, o Premio outorgado polo Xurado do 44º Festival Internacional de Cine de Houston, o WorldFest 2011, que se celebrou na devandita cidade estadounidense.
A serie xa saíu gañadora dun premio nos pasados Premios Mestre Mateo 2010 celebrados hai apenas unhas semanas, na que acadou 3 estatuillas.
Mar Libre continúa así sumando distintos Premios e Galardóns en diversos Festivais de Cine de ámbito tanto galego como internacional, o que ven a corroborar a cualidade dos traballos audiovisuais que levamos a cabo en Galicia.
Novas relacionadas
- A Costa da Morte serve de escenario inmellorable para unha miniserie 100% galega.
- Os Crebinski triunfan nos Mestre Mateo.
- 4 apostas audiovisuais da Costa da Morte optan aos Premios Mestre Mateo.
- Premios María Casares: Os dous mellores actores secundarios de Galicia son da Costa.
Fonte
- Nota de prensa de Saga Producions.