A Semescom difunde os Faros da Costa da Morte cun Certame de poesía
Hoxe pode ser un bo día para tomar nota escoitando a Manolín no seu Recital. Ou podedes repasar o derroche de arte en verso do V Recital Poético da Costa da Morte celebrado esta pasada fin de semana en Muxía. Ou pode que a inspiración chegue soa, pero o caso é poñerse a escribir.
I é que o Seminario de Estudos Comarcais da Costa da Morte (SEMESCOM) vén de convocar o “Certame de Poesía sobre os Faros da Costa da Morte”. Un certame que chega para completar o seu traballo de difusión e defensa do patrimonio fareiro da Costa, aproveitando a fantástica documental realizada por Manuel Vilar sobre ps “Faros da Costa da Morte” e tras facer varias presentacións pola zona. Ademais o Certame chega un ano despois do éxito acadado coa convocatoria do Certame poético sobre os Penedos de Traba e Pasarela.
A idea é a posta en valor da riqueza paisaxística e turística que teñen estes sinais luminosos da nosa costa, e máis concretamente da Costa da Morte, é dicir aquela que abrangue dende as illas Sisargas ata o Monte Louro. A razón da escolla dun certame de poesía é a de continuar o labor de grandes escritores galegos que se viron inspirados nestes senlleiros edificios, como foi o caso de Gonzalo López Abente, Xervasio Paz Lestón, Antón Zapata García ou Miro Villar.
A realización deste certame ten lugar grazas ao Proxecto Singular “Percorrendo Vieiros da Costa da Morte” aprobado pola Deputación da Coruña.
Máis información
- SEMESCOM: Certame de Poesía sobre sobre os Faros da Costa da Morte.
- Descargar as Bases do Certame de Poesía sobre sobre os Faros da Costa da Morte [pdf].
Novas relacionadas
- Visitando os Faros e as Igrexas da Costa da Morte en vídeo e pola rede coa SEMESCOM.
- O Seminario de Estudos Comarcais presentou o deuvedé da maxia dos “Faros da Costa da Morte”.
- Corcubión foi de viaxe polos Faros da Costa da Morte guiados por Manuel Vilar.
- Pola recuperación dos Fachos como patrimonio cultural da Costa.
- I Certame poético sobre os Penedos: Unha de Penedos en verso .
- Notas dunha viaxe ao Fisterra córnico con Manuel Vilar.
- Unha viaxe pola nosa memoria coa vimiancesa Dolores Canosa.>
- A SEMESCOM recolle as Romarías da Costa da Morte nun libro.
- Manolín presenta o seu novo libro de poemas en Corcubión.
- Un derroche de arte poético na vila da poesía.
- Diana Varela presentou o seu primeiro poemario dixital aos fillos de Pondal.
- Muxía respostou na presentación de As Crebas.
- www.semescom.org.