Luns. 18.11.2019
El tiempo

A Semescom xa prepara a súa viaxe anual á outra fisterra atlántica

A Semescom xa prepara a súa viaxe anual á outra fisterra atlántica

Non para esta xente do Seminario de Estudos Comarcais da Costa da Morte. Se o pasado setembro viaxábamos con eles ata o Finisterre Córnico da man de Manolo Vilar, este mes de agosto temos reservada praza para ir á Normandía e Bretaña francesa dentro do eixo temático "Na ruta do megalitismo e das fisterras altlántica".

Este programa é un ciclo de viaxes que comezou no ano 2007 para coñecer o sur da Bretaña Francesa, continuou no 2008 visitando o Alentexo portugués e retomouse o ano pasado coa viaxe a Corunalles (Reino Unido). Nesta ocasión o destino elixido é o sur de Normandía e o norte da Bretaña francesa.

A viaxe terá lugar entre os días 21 e 28 de agosto, con desprazamento en autobús, mais co atractivo de realizar a travesía que une Xixón co St. Nazaire, na Bretaña francesa, en ferry no que os viaxeiros pasarán as noites de ida e volta, os días 21 e 27 de agosto.
Durante seis días percorrendo terras doltoral francés visitarase Rennes, o Dolmen de La Roche-aux-Fées, Dinan, Saint-Malo, a Abadía de Le-Mont-St. Michel, Granville, Cabo La Hague, Cherboug-Octaville, as praias do desembarco de Normandía, Caen, ect.

Inscrición

As persoas interesadas en recibir máis información ou inscribirse na viaxe deben facelo no seguinte enderezo electrónico ([email protected]) ou no teléfono 609 523 494, ou poñéndose en contacto con calquera dos membros do Seminario de Estudos Comarcais da Costa da Morte (SEMESCOM).

Entrega do premio de poesía

Ademais, este sábado 12 de maio ás 19:30 horas terá lugar no Hotel-Restaurante A DE LOLÓ de Muxía o acto de entrega de premios do II Concurso de Poesía - Os Faros da Costa da Morte, do que xa sabemos os coñecidos gañadores.
No mesmo acto de entrega de premios proxectarase a documental "Faros da Costa da Morte" e terá lugar a conferencia de Manuel Vilar "Notas sobre os faros".

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios