A TVG bota unhas risas ca retranca bergantiñá


Hai arte en Bergantiños. Hai regueifa. Hai retranxa. E por iso, o programa da TVG Máis Retranca pasou por Carballo en busca de artistas. Monologuistas, contadores de chistes, regueifeiros, magos-humoristas... todo vale con tal de arrincarnos unhas risas aos telespectadores, e de seguro, que en canto comece a emisión, teremos algún costeiro entre os protagonistas.
I é que o pasadao sábado, o equipo de grabación da TVG estivo en Carballo. Foi de feito o casting máis numeroso que realizaron dende que comezaron as probas, con nada menos que 10 participantes de moi diversas edades.
Agora toca esperar á emisión do programa, pois áínda que a esto lle chaman casting, xa é o propio programa, e as actuacións no casting que foron grabadas e presentadas por Toñito de Poi e Déborah Vukusic xa sairán no programa. Iso si, de todas as actuacións o equipo de dirección escolle as mellores e as mellores partes e esas son as que se emiten na televisión.
Aí estaremos, ao outro lado da pantalla esperando ver aos nosos humoristas costeiros.



Novas historias
- A TVG busca humoristas en Carballo.
- Iria Quintáns volve representar á Costa nos Recantos do Luar.
- “As Cantareiras de Ardebullo naceron sendo de Verdillo”.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).