A TVG busca humoristas en Carballo

09:15 02/01/14

Prepárense amantes da escena da comarca de Bergantiños. O vindeiro 11 de xaneiro, unha produtora galega fará un casting no Concello de Carballo buscando humoristas para un novo programa de humor da TVG. "Máis retranca" sacará todo o humor do país, e aí podemos tirar de arte regueifeira.
Chistes, monólogos, historias con retranca, imitacións, bailes, cancións... todo vale para esmagarse de risa.
Non hai límite de idade así que xa vos podedes ir inscribindo (ata o 9 de xaneiro) chamando ao 649 827 061 (horario de oficina) ou no email: maisretranca@adivina.com, explicando brevemente a túa actuación.
Novas historias
- Seavia regueifa pola Rexoubeira de Bergantiños:
- Iria Quintáns volve representar á Costa nos Recantos do Luar.
- “As Cantareiras de Ardebullo naceron sendo de Verdillo”.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).