A “Xente Bonita” salva o Casino


Emocionante e impresionante demostración de compromiso a que se viviron nestas dúas semanas arredor do Casino 1889. O centro Cultural carballés estivo a piques de ser pasto da especulación urbanística, pero gracias a unha espectacular campaña de doazóns, o primeiro “matchball” foi salvado.
A Directiva do renovado centro agradecía nas redes sociais a colaboración de veciños e demais doadores, que permitiron conseguir case que 80.000€ que lle permiten afrontar, de primeiras, a demanda de retracto e evitar así a venda do edificio. Todo a base de Microcréditos privados de “Xente Bonita”, como califica a directiva a todos os colaboradores.
Fundamental esa sensación de comunidade para salvar este epicentro cultural, demostrando que hai moitas formas de “facer pobo” e de “facer historia”.
comunidade