venres. 06.12.2024
El tiempo

#ABiblioPréstame

#ABiblioPréstame

#ABiblioPréstame

Inauguracion da Biblioteca Rego da Balsa de Carballo-Foto-Javi Mos

Coincidindo co Día Internacional das Bibliotecas, o Concello de Carballo abría as portas da nova Biblioteca Rego da Balsa. E o facía cunha inauguración por todo o alto, cunhas instalacións cheas de veciños con gañas de coñecer o seu novo espazo de “coñecemento e convivencia”. Un de tantos, i é que a capital bergantiá destácase pola cantidade de centros culturais.

Musica na inauguracion da Biblioteca Os Libros fannos libres na Biblio de Carballo

Unha biblioteca que xa nace con máis 5000 libros, entre eles os 600 libros doados por parte de Xosé Manuel López Eirís, ao que se lembrou durante a presentación. Interviron a Concelleira de Cultura, Mar Eirís, do Secretario Xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, o presidente da Asociación de escritores e escritoras en lingua galega, Cesáreo Sánchez Iglesias, a moza Eva Cameán -que falou en representación da veciñanza e do barrio-, o escritor Manuel Rivas e pechou o Alcalde de Carballo, Evencio Ferrero. Tamén a oposición quixo participar na inauguración, que remataba coa música do violinista local Enrique Aldao e co rapeo a ritmo de reggae de Carlos Gende, Xenderal.

Todos coincidiron na necesidade e na oportunidade para a veciñanza para aproveitar este novo e vivo centro, e con ideas como as que serviron para facer ameno o photocall. #ABibliopréstame, usado como hastag nas redes sociais, ou “Os libros fannos libres” foron protagonistas.

A Bebeteca da nova Biblio de Carballo

Ten lugar para todos os públicos, dende os peques coa súa Bebeteca, ata os maiores, coas zúas zonas para ler a prensa con tranquilidade, pasando pola mocidade, que poderá conectar os seus dispositivos móbiles, ou os que se deixarán no centro, á rede wifi. Por certo, comos gusta o logotipo das Biblios carballesas, esa B maiúscula cunha folla de carballo no interior -deseño de Patricia Portela-. Biblioteca de Carballo

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios