Sábado. 14.09.2024
El tiempo

Abril entra con forza na #AxendaCostadaMorte

Abril entra con forza na #AxendaCostadaMorte
A axenda da Costa da Morte comeza un mes de abril cargado dunha boa cantidade de citas culturais. Nesta primeira fin de semana, o teatro volve a ser o prato principal da oferta. Tamén ten un lugar especial as distintas os distintos programas de sendeirismo que botarán a andar esta fin de semana e nas que os participantes terán moi en conta as previsións metereolóxicas de 4gotas.com. Hoxe ainda estaremos baixo a influencia da borrasca que nos deixou a chuvia de onte. Durante a mañá os chuvascos serán en xeral febles, pero no mediodía e a primeiras horas da tarde aumentarán en intensidade e choverá "con ganas". Tamén haberá no final da mañá e no mediodía vento forte do suroeste. As temperaturas descenderán entre 5 e 8 grados. Mañá comeza a achegarse o anticiclón, notaremos como as chuvias van a menos durante a madrugada e nas primeiras horas do día apenas choverá. Durante o mediodía iranse abrindo claros e acabará predominando o sol na tardiña. Repetiranse as temperaturas frescas. Continuará a "melloría" do tempo o domingo cun día de sol, só con algunhas nubes nos arredores de Malpica nas primeiras e derradeiras horas do día. O vento do norte aínda deixará sensación de fresco nese litoral, pero entre Fisterra e Muros as temperaturas máximas achegaranse aos 18-19 grados.

Teatro

  • No marco do programa "Venres Culturais" chega hoxe a Carballo a versión galega de  “A cabeza do dragón”, que coincide co 80º aniversario da morte de Valle-Inclán. A función comeza ás 21 horas no pazo da Cultura (prezo da entrada: 5 € – 3,5 € con desconto).
  • O concello de Vimianzo despide mañá a programación cultural dos sábados de inverno coa obra "Nosa Señora das Nubes", interpretada por Teatro do Morcego. A cita comeza ás 21:30 horas no auditorio da casa da cultura vimiancesa e o custe da entrada xeral é de 3,50€ (1,75€ a reducida).
  • O teatro clásico ocupará o escenario do auditorio do pazo da Cultura carballés mañá ás 21 horas coa obra “Lisístrata” de Aristófanes revisada por Begoña Sánchez e interpretada polo grupo valenciano Samaruc. A función está incluída no programa da Bienal de Teatro ONCE – entrada libre ata completar aforo -.
  • O auditorio do centro cultural de Muros acolle mañá sábado o espectáculo "A cabeza do dragón" de Producións Teatrais Excéntricas. A entrada ten un custe de 5€.

Teatro infantil

  • Corcubión. A biblioteca municipal acolle mañá un espectáculo infantil baseado en relatos de Adela Turín interpretado por Talía Teatro. A cita, que está dirixida a público infantil entre 4 e 8 anos de idade, comeza ás 18:30 horas.
  • Este domingo arranca en Vimianzo a programación para esta primavera dirixida ao público infantil “Mil primaveras máis… na Casa da Cultura” coa obra “Os soños na gaiola” intepretada por títeres Alakrán. A cita comeza ás 18:30 horas e a entrada é de balde.
  • No marco do programa “Coa lingua de fóra”, da Deputación da Coruña, o domingo chegará a Carballo (pazo da Cultura, 18 horas) o espectáculo de teatro infantil “A mestra Tomasa lendo e viaxando polo mundo”, da compañía Duende Sico, dirixido a nenas e nenos de 3 a 8 anos.

Exposicións permanentes

  • Castelo de Vimianzo. A fortaleza así como a súa mostra de artesanía ao vivo pódese visitar todos os días da semana en horario de 10:30 a 14 horas e de 16 a 19 horas.
  • As Torres do Allo, en Zas, abren todos os sábados e domingos de 11 a 19 horas. Ademais, o pazo acolle unha mostra de pezas de Olería de Buño e ofrece visitas guiadas gratuitas ás 13 e ás 17 horas.
  • No dolmen de Dombate ofrécense visitas guiadas todos os días de 10:30 a 14 e de 16 a 18:30 horas.

Concertos

Rutas de sendeirismo

  • Dumbría é o concello dende o que arrancan mañán ás Andainas Costa da Morte que xa van pola súa quinta edición. Os participantes comezarán a súa andaina na igrexa de Buxantes para rematar en Olveiroa (Mazaricos).
  • Senda Nova pon en marcha este domingo a 8ª edición da Primavera en Ruta cun roteiro para desfrutar de "O Son do Anllóns". 

Outras citas

  • Xornadas gastronómicas en Vimianzo. Varios restaurantes da vila ofrecen ata o 28 de maio un menú especial que se enmarca dentro das Xornadas Gastrómicas Primavera 2017. O menú ten un custe de 20€ por persoa, coa bodega á parte. Para comer ou cear nestas xornadas de degustación é preciso reservar previamente.
Fonte

Comentarios