As ANPAS da Costa da Morte tamén rexeitan a Reválida
É algo que nos atinxe a todos, pois iso cómpre manifestarse. A famosa Reválida de 3ª de Primaria será xa este 27 e 28 de maio. E alá teñen que ir os nosos cativos. Ou non.
A Federación de ANPAs da Costa da Morte, integrante da Confederación ANPAS GALEGAS, vén de manifestar a súa completa oposición á realización da Reválida de 3º de Primaria e apoia calquera decisión das familias que exprese o seu rexeitamento a esta proba, mesmo a de non enviar aos seus fillos e fillas ao colexio nos días nos que se programe.
Este curso, concretamente os próximos días 27 e 28 de maio, as nosas nenas e nenos de 3º de primaria van padecer a esixencia administrativa dunha “avaliación individualizada”, unha proba de control das destrezas adquiridas na competencia en comunicación lingüística e na competencia matemática. Esta é a primeira das “reválidas” que implanta a LOMCE, esa Lei que a comunidade educativa toda, e a maioría da sociedade rexeitou durante toda a súa elaboración, e que agardamos que sexa derrogada á maior brevidade.
As razóns son as seguintes:
- Entendemos que o control do grao de adquisición das habilitades e destrezas adquiridas polas nosas nenas e nenos na súa vida escolar compételle exclusivamente aos seus profesores e profesoras, que son quen realizan o inxente traballo de personalizar o ensino para que o alumnado reciba o que precisan, atendendo a súa individualidade e capacidades.
- Que ningunha proba externa vai dar resultados fiables porque refire a posible diagnose a unha circunstancia descontextualizada na vida dun escolar, e que se a administración educativa precisa de resultados que lle permitan introducir melloras no proceso educativo o que ten que facer é falar con todos os que formamos parte dese proceso: o profesorado, as familias e os propio alumnado, que temos a capacidade, os coñecementos e a vontade de participar nunha dinámica de permanente mellora do noso ensino público.
- Dicimos que non a unha proba que discrimina ao alumnado con necesidades específicas de apoio educativo, que fará a proba pero non computará para o cálculo dos datos globais, que son os que realmente importan ao lexislador.
- Dicimos que non a unha proba que xerarquiza as materias do curriculum, considerando de menor importancia aquelas que non serán avaliadas, unha proba que despreza a nosa contorna, os nosos valores e costumes e a nosa lingua, que só serve para ser autoavaliada.
- E afirmamos que a intención destas probas non é outra máis ca o establecemento de categorías de centros públicos, de profesionais do ensino e mesmo de zonas xeográficas, coa intención futura de diversificar discriminadamente os investimentos educativos creando centros e alumnos beneficiados ou prexudicados na procura dunha excelencia que non se consegue así senón traballando dentro da equidade e da igualdade de tratamento e oportunidades.
Malos exemplos no ensino
- 20 nen@s sen praza escolar.
- Canto foi a redución en gasto público en educación entre 2009 e 2015?.
- A Costa da Morte ten 245 profesores menos nos últimos 4 anos.
- A eterna denuncia sobre a redución do profesorado.
Bo exemplos escolares
- Nen@s que contan contos a nen@s.
- O IES de Baio afronta a súa Décima Semana Cultural.
- Alumnos da Ponte do Porto volven ao futuro por Europa.
- De regalo, un conto de Xavier Docampo.
- Os alumnos de Fisterra, Cee e a Ponte do Porto reciben un 100% de desconto en conflitos.
- O Instituto tamén aprende a ser solidario.
- Os alumnos cybermentores do IES Fin do Camiño promoven a doazón.
- Un 75% dos alumnos costeiros secunda a folga contra a LOMCE.
- Alumnos carballeses que falan dicindo.
- Os alumnos do IES Fernando Blanco, olímpicos en sabedoría.
- O Centro de Promoción Rural – EFA Fonteboa, o novo Bergantiñán do Ano.
- Aprendendo a cantar nanas en galego.
- “Gústame aprender galego”.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal)