Xoves. 02.05.2024
El tiempo

De regalo, un conto de Xavier Docampo

De regalo, un conto de Xavier Docampo
Xavier Docampo visitou o IES Pedra da Aguia

Se dicimos que é unha das Bibliotecas escolares máis intensas e importantes culturalmente falando en Galicia nestes momentos, non mentimos. Xa dimos conta da súa preocupación medioambiental, pero este IES Pedra da Aguia da Ponte do Porto é referencia en varias materias.

Hoxe, o coordinador da Biblioteca do centro camariñán, Emilio Roca, cóntanos unha das actividades que máis lles gusta aos alumnos, os Clubs de Lectura. Están a lograr un tecido de lectores moi importante, sobre todo nas Bibliotecas de Secundaria onde moitas veces tamén contan con usuarios adultos, abrindo as portas da biblioteca e dos centros, á sociedade. No centro da Ponte, a falta de un, teñen tres clubs de lectura: 1º e 2º ESO, con 27 lectores/as, 3º-4º ESO, con 11 lectores e un club de adultos, con 20.

Non hai moito que era o poeta Juan Besada e Pedro Feijoo visitaban e charlaban cos membros do club de lectura de adultos. Onte, foi nada menos que Xavier Docampo, un dos grandes da literatura galega, o que mantivo unha agradable charla cos case toda a rapazada do club de 1º e 2º da ESO.

Entre todos, comentaron a súa obra “Cando petan na porta pola noite”, aínda que con moitas referencias a outras obras. E nótase que a cousa, cando se traballa de base, interesa, pois ver como acribillaron a Xabier a preguntas, é fantástico. Fixeron toda clase de comentarios e o escritor galego tivo a pacencia e vontade de contestar unha a unha.

Houbo tempo ademais para disfrutar, para gozar da literatura en toda a súa esencia. Apagaron as luces da biblioteca e, á luz das velas, regaloulles dous contos de misterio, contados ao xeito no que se contaban antes, con todos os rapaces calados coma petos. Logo disto e dalgunhas preguntas máis, rematou firmando exemplares e deixándose fotografar con cantos quixeron.

”Unha tarde estupenda en compaña dun escritor e dun amigo”, apunta Emilio Roca, un deses meses comprometidos que fan da educación algo clave para o desenvolvemento intelectual dos alumnos. Parabés IES!

Un conto con Xavier Docampo

Impresionante ver que os rapaces do club teñen o seu blog, pero é que tamén os adultos que participan levan as súas inquedanzas á rede. Mándoche aquí unas liñas (que mandei tamén a La Voz) cos datos de hoxe e un par de fotos (diferentes). Se queres os enlaces para enterarte algo mellor mándoche o dos rapaces http://clublecturaarao.blogspot.com.es/ e o dos adultos

Novas relacionadas

Comentarios