Venres. 26.04.2024
El tiempo

As Asociacións enchen Carballo de Letras Galegas

As Asociacións enchen Carballo de Letras Galegas
Foron as entidades sociais e culturais e centros educativos, xunto co Concello de Carbalo, o que vén de encher de actividades o programa para as Letras Galegas. Un programa cheo de Teatro, proxeccións audiovisuais, pintura, obradoiros e música comparten protagonismo coa literatura ao longo de todo o mes de maio. As primeiras cita serán o martes 15 no obradoiro creativo María Victoria Moreno, unha historia de amor, a partir das 18.00 horas na Biblioteca Rego da Balsa, e o 16, por iniciativa do Casino 1889, coa colaboración de Bodegas Carballo, celébrase a partir das 21.00 horas o Festival Contra-Letras.

O 17 de maio

Para o 17 de maio, Día das Letras Galegas, están previstas as seguintes actividades: XXXVIII CONCURSO INFANTIL DE PINTURA LUÍS CALVO Praza do Concello, 11.00 h Organiza A. C. Lumieira Colabora Concello de Carballo FESTIVAL CONTRA-LETRAS Obradoiros, xogos, brincadeiras e poesía Entrega de premios do I Certame Poético Festas Minervais do Casino 1889 Casino de Carballo, desde ás 11.30 h Entrada libre Organiza Casino de Carballo 1889 Colabora Bodegas Carballo AS LETRAS EN VOCES Lectura pública e colectiva de obras de María Victoria Moreno Márquez Coa actuación da Banda Municipal de Gaitas e a participación de entidades culturais e centros educativos do municipio Participación libre Inscricións Pazo da Cultura Tfno. 981 704 300 Xardín Municipal, 12.00 h Organiza Concellería de Cultura TEATRO INFANTIL- CONTOS NO FAIADO Galeatro Xardín Municipal (Ludoteca), 12.30 h Organiza Concellaría de Cultura Colabora Deputación da Coruña CONCERTO DAS LETRAS -BANDA XUVENIL DE MÚSICA DO CONSERVATORIO Rúa Coruña, 13.00 h Organiza Concello de Carballo

Máis datas

18 venres PRESENTACIÓN DOS VIDEOPOEMAS Enxeñería poética de Ramón Sánchez Biblioteca Rego da Balsa, 19.30 h Organiza Concellaría de Cultura HISTORIAS DE INVERNO. ESTREA DOCUMENTAL - HOXE QUEN BAILA? Historia recente das festas en Soneira e Bergantiños Espazo da Natureza de Oza. 20.00 h Organiza Asoc. Ambiental Senda Nova Colabora Deputación da Coruña e Concello de Carballo PRESENTACIÓN DO LIBRO Contos mariños de Carballo de Xavier Maceiras Local Social de Cances. 21.00 h Exemplar gratuito para os asistentes Organiza AC San Campio de Cances   19 sábado TEATRO AFECCIONADO - VAGALUME ANIMACIÓN Dalle ó play, Os ladróns son boa xente e Canto te quero Auditorio Pazo da Cultura, 17.00 h e 20.30 h Entrada con convite Organiza AC Vagalume   20 domingo TEATRO AFECCIONADO - VAGALUME ANIMACIÓN Os tres mundos e actuación do Mago Álex. O fontaneiro Auditorio Pazo da Cultura, 17.00 h e 20.30 h Entrada con convite Organiza AC Vagalume   26 sábado TEATRO AFECCIONADO - VAGALUME ANIMACIÓN O Testamento do Tío Nacho e O novo traxe da raíña Auditorio Pazo da Cultura, 20.00 h Entrada con convite Organiza AC Vagalume   27 domingo XXIII ENCONTROS CULTURAIS ARUME Foliada para CATIVOS Local Social de Berdillo, 18.00 h Organiza AX Arume Colabora Concello de Carballo e Deputación da Coruña TEATRO AFECCIONADO VAGALUME ANIMACIÓN Viva o teatro e actuación do Mago Álex Auditorio Pazo da Cultura, 18.00 h Entrada con convite Organiza AC Vagalume   https://quepasanacosta.gal/un-certame-de-poemas-para-recuperar-o-historico-festival-contra-letras-do-casino/ https://quepasanacosta.gal/o-maio-da-galeria-mulleres-para-conecer-a-maria-victoria-moreno-a-protagonista-das-letras-galegas/

Comentarios