As fabas? De Bergantiños, naturalmente
Moitas veces falamos da importancia do consumo local. De feito, para a edición deste xornal, o consumo é a maior interacción do cidadán coa sociedade, máis importante se cabe que o propio voto. E consumir produtos locais, comarcais ou nacionais, axuda a un desenvolvemento integral da túa terra sen participar nas partes negativas desta sociedade de extremo consumo.
Pensamos, por exemplo, que mercamos produto nacional se nos facemos cunha lata de tal marca tan "española", pero resulta que xa foi mercada por unha das xigantes suizas da alimentación e traen as fabas de Arxentina... E para que traer fabas do outro lado do Atlántico se as temos da casa, e de inmellorable calidade?
Ese é o mellor argumento de venda de Legumes Minuca: produto local, de primeira calidade, e aínda por riba, con historia. I é que hoxendía, como nos contan dende Turismo Carballo xa é o bisneto o que toma o mando de operacións da empresa carballesa. José Manuel Mancebo colleu o relevo da súa bisavoa Carmen da Roda, da avoa Mucha da Roda, e da avoa á nai, Minuca, que dá nome á marca.
Unha marca que nos leva a recordar que as terras de Bergantiños estiveron, dende os anos 60 aos 90, entre as principais produtoras de fabas de España e mesmo de Europa. Lévanos tamén a recordar cousas tan negativas como o drama do abandono do rural, ou a desaparición das sementes autóctonas. Asuntos verdadeiramente tráxicos contra os que heroes como José Manuel seguen loitando a pequena escala.
Receitas do Outono carballés
- Un dos últimos chocolates artesanais do Estado sobrevive en Bergantiños.
- Receitas do Outono Carballés: Polvo con grelos da Pedra.
- Receita do Outono Carballés: Bacallau á galega.
- Receitas do Outono Carballés: Lasaña de pasta caseira con boletus e castañas.
- Receitas do Outono carballés: Perdices á Cazadora.
- Receitas do Outono carballés: Bacallau á biscaína.
- Un Milfollas de segredo de porco ibérico para estrear as receitas do Outono carballés.
Fonte e máis información
- Turismo Carballo: Legumes Minuca: o negocio que chegou até o bisneto.