Venres. 26.04.2024
El tiempo

As festas, as andainas e o teatro enchen de actividade a #AxendaCostadaMorte

As festas, as andainas e o teatro enchen de actividade a #AxendaCostadaMorte
A #axenda da Costa da Morte despídese de maio, o mes das letras por excelencia. Nalgúns concellos continúan duratne esta fin de semana as actividades a prol da lingua mentras que as festas van acaparando espazo na oferta de ocio dentro da comarca. Antes de ver polo miúdo cada unha das principais citas da fin de semana, analizamos o parte costeiro de Meteogalicia que trae cambios.

Parte meteoróxico

Despois do bo tempo destes días, a situación cambia a partir de hoxe. Durante a fin de semana, a Costa da Morte estará dominanda por ceos con nubes e claros e con algúns chuvascos principalmente na xornada de mañá sábado. O domingo será un día máis tranquilo, cunha maior predominancia de nubes pero sen tanta choiva. As temperaturas manteranse entre os 17 e os 20 graos nas horas centrais día, sendo o sábado o día máis fresco da fin de semana cunha temperatura media de 16 graos. En canto ao vento será de carácter forte ao longo do día de hoxe en toda a Costa da Morte. Xa o sábado, os ventos pasarán a ser en xeral moderados con forza de 4 a 5, diminuindo a medida que avanza o día para desaparecer o domingo. A situación no mar manteranse tranquila en toda a Costa da Morte ao longo da fin de semana, cunhas ondas ao redor de 1 e 2 metros de altura e mar de fondo do noroeste-norte.

Teatro

  • Teatro en Baio. Este domingo hai dobre cita co teatro no Auditorio de Baio. Por unha parte, terá lugar a entrega de premios da III Mostra de Teatro Afeccionado "Labarta Pose" e, por outra, a clausura da XI Escola Municipal de Teatro Afeccionado. A cita comeza ás 18:00 horas.
  • Teatro en Carnota. Esta noite, ás  20:30 horas, o salón de actos do concello de Carnota acolle a obra “Bicos con lingua”,de Talía Teatro ; un espectáculo teatral en clave de comedia que invita á reflexión sobre os usos e abusos da lingua galega. Esta obra, que se enmcarca dentro da programación cultural “Maio, mes das letras” está dirixida a maiores de 13 anos e a entrada é de balde.
  • XI festival "Teatrapa" de Laxe. O sábado e o domingo, Laxe ríndelle culto ao teatro co seu XI festival de teatro escolar de Laxe “Teatrapa”.

Sendeirismo

  • Andaina por Corcubión. Corcubión é o próximo destino do programa de Andainas Coñece a Costa da Morte. Esta será un roteiro lineal de 13 quilómetros de distancia e de dificultade moderada. Os participantes sairán ás 10:00 horas do pavillón municipal.
  • Camiñada pola lingua en Carnota. Dentro do programa cultural “Maio, mes das letras”, o concello de Carnota organiza unha “Camiñada pola lingua”. Este roteiro circular, duns 11 quilómetros, partirá ás 09:30 horas dos muíños de Vadebois para dende alí dirixirse a Panchés a A Curra onde se lerá un manifesto a prol da lingua galega.
  • Primavera en Ruta. Senda Nova continúa este domingo cos seus roteiros de primavera. Nesta ocasión, percorrerán os "Camiños de Caión", en A Laracha.

Festas

  • Festas en Lira. Lira celebra hoxe e mañá as festas dos Remdios Vellos.
  • Festa de Tella. En Tella, Ponteceso, celebran o sábado e o domingo as festas na honra a san Eleuterio.
  • Comida campestre en Vimianzo. A comisión de festas de Cereixo organiza este domingo a primeira comida campestre na honra de San Roque.
  • Festa en Sabaceda. O lugar de Sabaceda, en Santa Comba, celebra este sábado as súas festas na honra de San Eleuterio.

Outras citas

  • Día do Xogo Tradiconal nas Torres do Allo. O contorno das Torres do Allo convertiranse nunha macro-sala de xogos onde terán cabido ducias de entretementos tradicionais para toda a familia. Durante a mañá do domingo 27, entre as 11:30 e 14:00 horas, instalaranse numerosos postos de xogos tradicionais para que calquera persoa ou familia poida achegarse e ensinarlle aos máis pequenos a divertirse coma en tempos.
  • Conferencia fotográfica en Laxe. O fotoperiodista Xurxo Lobato impartirá este venres ás 19:00 horas no Museo do Mar de Laxe, a conferencia titulada “Unha mirada á fotografía histórica en Galicia”, dentro do programa de actividades organizado pola concellería de Turismo de Laxe, no marco da segunda edición do Programa reLAXEse.
  • Curruncho Pop en Carballo. Mañá chegan ao Curruncho Pop da Biblioteca Rego da Balsa de Carballo outros tres músicos de talla contrastada e o pop luminoso do valenciano Ramirez Exposure na súa colaboración con Mark Jonson e Richard Floyd (ex Television, nada menos).
  • Presentación dun libro en Corcubión. O profesor da UDC Xosé Ramón Freixeiro Mato presenta este sábado as 20:00 horas no local da Universidade Popular de Corcubión o seu libro "Para mellorarmos a calidade da nosa lingua".
  • Inauguración dunha exposición de Asunción Antelo. O Estudo-Galería Garabato de Carballo prepara unha fermosa e emotiva exposición sobre Asunción Antelo, a Rexoubeira de Bergantiños. A inauguración será o 26 de maio e podera verse ata o 30 de xuño.
  • Domingos de lecer en Corme. O  dúo Carlos Manteiga  y Melchor amenizarán este domingo a tarde en Corme coa súa música en directo no fogar do pensionista de Corme. A cita comeza ás 18:00 horas.
  • Festa do Foxo dos Lobos. A Asociación Cultural Dequenquen organiza este domingo unha nova festa pola recuperación do Foxo do Lobo.
  • Presentación literaria en Cerqueda. O domingo ás 17:00 horas o local sociocultural das Pozacas acolle a presentación  do libro "Milladoiro de contos" nun acto no que estarán presentes a autora e a ilustradora da obra.
  • Día da bici en Dombate. O centro arqueolóxico Dolmen de Dombate será o punto de partida do Día da Bici organizado polo concello de Cabana de Bergantiños. Os paticipantes deberán estar ás 11:00 horas na saída para iniciar un percorrido circular pola zona.

Exposicións

  • Castelo de Vimianzo. A fortaleza así como a súa mostra de artesanía ao vivo pódese visitar martes a domingo de 10:30 a 14 e de 16 a 19 horas. Ademais ata o mes de abril hai unha exposición de Esther Ferreiro.
  • Conxunto etnográfico do Mosquetín. O conxunto de muíños e batáns do Mosquetín abre as súas portas todos os días da semana dende as 11 horas ata ás 18 horas. Os sábados e os domingos hai visita guiada ás 13 e ás 18 horas.
  • As Torres do Allo, en Zas, abre sábados e domingos e festivos  (de 11 a 19 horas). Ademais, o pazo acolle unha Mostra de Traxe Tradicional, e ofrece visitas guiadas gratuitas ás 13 e ás 17 horas.
  • No dolmen de Dombate ofrécense visitas guiadas, en temporada baixa, de venres a domingo de 10:30 a 14:00h e de 16:00 a 18:30. En temporada alta (Semana Santa, e do 1 de xullo a 16 de setembro), visitas guiadas todos os días.
  • En Stoupa (Cee) pódese ver ao longo deste mes os traballos do pintor Fernando Rei. A mostra pode visitarse de luns a sábado de 12 a 14 horas e de 17 a 21 horas.

Máis información

Fonte

Comentarios