xoves. 05.06.2025
El tiempo

Axenda gastronómica e solidaria para esta fin de semana

Axenda gastronómica e solidaria para esta fin de semana

Chega solidaria a Axenda Costa da Morte esta fin de semana. I é que a cita máis singular é a saída en barco da campaña Rumbo a Gaza. Viaxe que partirá cara as Lobeiras o domingo ás 10:00h do porto de Fisterra, e que propón recadar fondos para os enviados galegos na Frota da Liberdade a Franxa de Gaza. Blues en vivo, pinchos e unha boa charla de Mohamed Safa son boas excusas para animarse.

Outras das citas importantes terá lugar en Cee, coa II Feira dos Sabores; que terá pinchos polos bares e unha carpa chea de produtos en toda a fin de semana.

A fin de semana ten ademais unha cita singular en Ponteceso. O Bar A Eira acolle hoxe venres a Festa presentación do Festival con V de Valarés 2011, que traerá música en vivo.
Tamén haberá música en O Ézaro e más en Carballo.

Ten Muxía unha doble cita enfocada aos maiores. O sábado 28 terá a Festa dos Maiores no polideportivo municipal de Muxía á hora de xantar. Máis de 600 están xa apuntados.
Ademais, ás 19 horas, terá lugar, no Salón do Voluntariado, o III Certame de Corais da Costa da Morte.

E non faltan xa festas, como as da parroquia pontecesá de Tella.

E como non, o teatro aínda terá o seu espacio o domingo en Buxantes, Vimianzo e mais en Zas, coa escola municipal.

Poden ollar todas as propostas socio cultural en www.axendacostadamorte.com.

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).

Comentarios