Axenda completísima para a última fin de semana de abril
Comeza a fin de semana a golpe de orquestra nas Festas de San Marcos de Corcubión, que encherán de alegría a vila xoves e venres. Pero son moitas máis as citas culturais e festexeiras para última fin de semana de abril, que chegará cun tempo algo máis complicado que durante a semana.
Entre as citas, temos que destacar as Andainas de sendeirismo, coa 1ª etapa da Ruta dos Faros, a Ruta por Muxía co gallo do Torneo de Xadrez, e a Ruta polas Terras de Soneira con Senda Nova.
A golpe de venres teremos unha cita co cine de Corme para pechar o ciclo feminista con "Mataharis"; unha cita teatral en Muros, co "Baile de Sombras" da Turbina; e dous concertos, con Hot Pink Abuse en Laxe e Carta de Ajuste en Cee.
Para o sábado tamén teremos citas interesantes, e temos que voltar a Muros. I é que acolle un Obradoiro de skate en Muros, artellado pola asociación Vella Escola; outra Cita teatral no marco do ciclo Xosé Agrelo con Teatro Galileo, e un novo concerto da xente do Castelo Rock.
Ademais, a Capela do Pilar de Corcubión acolle unha interesante charla e proxección dunha documental sobre un pobo indíxena do Amazonas, contando coas experiencias da autora, unha galega viaxeira. E seguindo en clave cultural, O Restaurante Insua de Cee acolle a presentación do novo libro de Carlos Callón.
E para pechar o sábado, poderemos ir ata Lobelos, Cee, a disfrutar da Xuntanza Moteira, que entre outras cousas contará coa actuación do rapeiro ceense Leö KCh.
Para o domingo, pecharemos coma sempre en Vimianzo, desta volta cunha sesión de fados con Emanuel Soares.
Máis información
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).