venres. 09.05.2025
El tiempo

Axenda cultural da derradeira fin de semana de 2012

Axenda cultural da derradeira fin de semana de 2012

Ademais de ter a man os programas de todos os Concellos para este Nadal, traemos debullada a Axenda para a derradeira fin de semana de 2012.

E son varias as citas sinaladas, centrando as actividades en Camariñas co gallo dos Actos do Décimo Aniversario da morte de Man de Camelle.

Ademais, terá lugar o 1º Festival de Hip-hop da Costa da Morte, o Finish Fest, que acollerá a Discoteca Zona Zero este mesmo venres.

En Corcubión, e tamén o venres, terá lugar a entrega de premios do Concurso de Fotografía así como a presentación, con concerto, da Revista Thaumazein.

Teremos ocasión de disfrutar das sesións de cine, co Apóstolo en Baíñas, ou os clásicos do Cine de Corme pechando o ciclo sobre Yul Brinner.

Tamén o venres poderemos ir a ver o concerto de Hector Lera e Dous Calquera a Fisterra.

En Lires, e xa na tarde do sábado, celebrase un festival coa presencia do mesmo Apalpador. Mentres en Brens tamñen haberña festival de Nadal.

As citas para o domingo se pechan co Festival Teatral de Badius en Baio.


Máis información

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).

Comentarios