Axenda cultural e festexeira da fin de semana na Costa da Morte


Mediados de xuño e xa son as Festas as que toman o protagonismo. Pero non só haberá verbena, temos cine, teatro, concertos e varias citas culturais.
O venres, por Lira pecharán os Remedios Vellos coa gran actuación de El Combo Dominicano. E por Toba, remata o San Adrián coas orquestras Abanico e Master.
Ademais, as citas do venres complétanse cun Concerto Dixie en Laxe e o tradicional cine de Corme, que hoxe proxecta ás 22:00h no local da Asociación de Veciños Eduardo Pondal de Corme o filme "Amelie".
O sábado poderemos pasar o día completo en Ponteceso. A Fundación Eduardo Pondal artella unha triple sesión cultural que comerá ás 10:00h cun encontro fotográfico e literario, continuará pola tarde na lareira da Casa do Cura, cunha nova edición da Cova Céltica moderada por Xosé Manuel Varela, e unha celebracióin da noite de San Xoán, anticipada, á beira do Anllóns.
Por Cee, a Escola Municipal de Teatro estrea "Tartufo" con doble sesión. E por Baio, toca cita Coral. E a noite sabatina pechará cun concerto en Carnota.
E o domingo, ademais da sesión teatreira no Centro Social de Cee, non se poden perder a Romaría do Santo Hadrián de Malpica, unha Festa de Interese Turístico Nacional. A romaría ata a capela do santo é a cita máis destacada polo seu carácter tradicional, pero tamén haberá verbena coa orquestra Trébol.
Poden ollar todas as propostas socio cultural en www.axendacostadamorte.com.
Máis información
Novas relacionadas
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).