Axenda indoor para a fin de semana
Chega unha nova fin de semana esta do 12, 13 e 14 de abril, e soñando con que o tempo nos dea unha tregua, por moi pequena que sexa (parece que o sábado si sairá o sol…) pensamos xa nas citas socioculturais, que sabedes podedes atopar debulladas en www.axendacostadamorte.com.
Así e todo a fin de semana chega chea de actividades de interior, como cine, teatro, concertos…
E comezamos en Corcubión cun Vernes Activo, no que disfrutaremos da presentación do libro Herdeiros pola Forza, ademais dunha sesión de cine na Capela do Pilar, no marco do novo ciclo da UCV nesta ocasión adicado ao Dogma 95.
A noite de venres tamén nos deixa unha nova sesión de cine en Corme, con "Te doy mis ojos", e mais o Concerto de Emilio Rúa en Cee.
Para o sábado teremos varias citas, con especial atención á tarde-noite muradá. Pola tarde comeza a Mostra de Teatro Xosé Agrelo, para despois poder disfrutar dun novo concerto da xente do Castelo. Música en directo tamén haberá en Muxía, coa actuación de Soultrack.
Ademais, Cee acolle unha cita literaria moi especial, pois a poeta local Rocío Leira presenta o seu primeiro libro infantil.
A fin de semana, coma sempre, rematará coa sesión dominical de teatro en Vimianzo, que desta volta, e tras un cambio de última hora, traerá ao Grupo Devanceiro Teatro, da Asociación Teatral O aturuxo de Melpómene de Narón, que poñerá en escena a función "Preguntas sobre meu pai", seguindo en clave de memoria histórica.
Máis información
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).