Axenda teatreira e cervexeira da fin de semana


Como cada venres achegamos as novidades máis interesantes que fumos apuntando na nosa Axenda Costa da Morte.
E chega completa esta fin de semana na bisbarrra. Comezando porque o teatro xa invade, i é que estamos en pleno outono, cada concello, e ademais das múltiples opcións que nos ofrece o FIOT en Carballo, teremos citass teatreiras en Laxe, en Muros e mais en Vimianzo.
Pero son moitas máis cousas as que completan a axenda cultural. Hoxe venres poderemos facer a ruta pontecesá, comezando co Recital de Poesía de Óscar de Souto en Ponteceso e rematando coa sesión de cine arxentino en Corme.
Pero unha das citas da fin de semana é a presentación do libro recentemente editado de López Abente "Bretemada".
Xa no eido máis festexeiro, e aos que nos guste a cervexa, podemos pasar a fin de semana completa na barra do Oktober Fest carballés, acabanddo o venres na Festa electrónica.
Poden ollar todas estas actividades en www.axendacostadamorte.com.
Máis información
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).