#AxendaCostadaMorte: O Teatro colle o relevo


Seguimos sumerxíndonos no outono e como dicíamos a semana pasada pasada as festas van deixando paso ás citas teatreiras ou musiqueiras. Parece que non vai chover estes días, pero polo de pronto, a meirande parte das propostas que colleitamos son de interior. Pero non todas, que algunhas veñen en clave natural e outras en clave deportiva, como o Torneo Internacional de Xadrez Entre Faros, que traerá moitas partidas acompañadas de charlas e outras actividades paralelas.
E comezamos a golpe de teatro, pois estes días xa é protagonista. É protagonista en Carballo, co Festival de Teatro de Outono FIOT e mais en Vimianzo co Programa Cultural para os domingos dos vindeiros 3 meses.
En Carballo teremos unha morea de cousas: o venres triple sesión monólogos nos bares; o sábado regueifa e dous monólogos e o domingo a primeira obra no Mercado de Abastos co Grupo Chévere.
A cita vimiancesa queda para o domingo, nada menos que ca estrea do novo espectáculo de Talía Teatro "Xango".
Pero hai moito máis. Por exemplo o venres teremos dúas citas musicais en Cee, o matutino Festival Internacional de Pulso e Púa en Cee e o nocturno concerto de Carlos Bau. O mesmo venres teremos concerto en Carballo tributo a Johnny Cash.
Tamén hai variedade de propostas, como as Sesións Micolóxicas de Pan de Raposo en Cee, con saídas incluídas sábado e domingo.
E o domingo será día tamén de ir ás rúas de Compostela ca Manifestación Por unha Galiza sen Lumes que convoca a Asociación Monte Pindo Parque Natural.
Na mañá do sábado nós estaremos contando a experiencia QPC nas >Xornadas de Emprendedurismo Xuvenil da Fundación Eduardo Pondal.
Pola tarde poderemos acodir á Conferencia de Jorge Mira e paso ollar a nova exposición do Museo Fernando Blanco de Cee.
Depois teremos un curioso Taller de Risotto en Corcubión e para pechar a noite unmonólogo en Vimianzo.
Pero non podemos esquencer as Festas do Sacramento do Couto, que comezan o domingo e rematan o luns a golpe de bailes.
Máis información
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).