#AxendaCostadaMorte: Un Nadal para os peques

Son os nenos os grandes protagonistas de Nadal e deste xeito a programación cultural céntrase moito neles. Hoxe deixámosvos todos os programas municipais para este Nadal, ademais de varias citas máis que interesantes que podedes ollar en www.axendacostadamorte.com.

Pero antes, repasamos o avance meteorolóxico da fin de semana cos compañeiros de 4gotas.com.
O tempo da fin de semana na Costa virá marcado polo paso dunha fronte o sábado.
Antes, no venres agardamos que o ceo alterne nubes e claros todo o día. Na tardiña aumentarán as nubes e é posible que caia algún orballo illado entre Fisterra e Carnota na noite
Na madrugada comezará a arreciar o vento do sudoeste acadando refachos fortes (Forza 7 no mar). Este vento durará todo o sábado, cando tamén falaremos de chuvias. De Muxía a Muros caerán en calquera momento do día, mentres que de Muxía a Malpica chegarán despois de comer.
No comezo do domingo iranse esas chuvias persistentes e quedarán chuvias illadas e moi espalladas no tempo con algún claro puntual. Todas elas serán de caracter feble, ata que na tardiña do domingo chegue algunha algo máis intensa.


A tarde do venres arrinca cunha Conferencia de Felipe Senén en Vimianzo sobre a artesanía e historia costeira. Será un bo día para ir á inauguración da Mostra fotográfica "Miña Terra" de Xesús Búa en Muxía.

O sábado arrinca en ruta, co 8ª e última etapa do Camiño dos Faros, que rematará en Fisterra.
Unha das citas deste Nadal é a tremenda Gala Solidaria que une a Corcubión e Fisterra, nun evento a prol da Asociación “Obra Social Nosa Sra. do Carme” de Fisterra, organizada pola Universidade Popular de Corcubión.

Tamén poderemos ir ata Outes para acodir ao Festival Solidario da asociación Adisbismur.<>/p>

E destacamos dos programas municipais, as citas de Ponteceso, cunha sesión co alumnado da Escola Municipal de Teatro de Ponteceso o vindeiro sábado 21 ás seis da tarde no Edificio das Escolas en Ponteceso. E tamén co XVII Certame de Corais. Actuación das corais polifónicas do Concello de Ponteceso que interpretarán panxoliñas, o mesmo sábado 21 de decembro ás 20:30 horas no salón de actos do Edificio das Escolas .

Tamén imos ata Vimianzo onde os cativos terán unha sesión de contacontos na tarde do sábado. Ou ata Dumbría onde os maiores terán un Taller de Risopterapia pola mañá e os cativos unha cita con teatro pola tarde no Conco.
E tamén imos a Muxía, onde o sábado chegarán os Monicreques de Kukas e o domingo teremos Concerto de Panxoliñas da Coral Virxe da Barca.
E ademais, en Carballo haberá varios festivais, concursos e concertos.

Máis información

Novas relacionadas

Programas municipais de Nadal

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).