O deporte protagoniza o Nadal da Faba en Baio


Xa botamos un ollo ao programa de Nadal cheo de tradicións do Concello de Zas. E a Federación de Asociacións de Baio (FABA) ten preparado tamén unha programación espectacular para este Nadal 2013.
Un programa no que ten cabida o deporte e a historia, que se materializa na exposición polo 50 aniversario do CD Baio. Deporte tamén ahberá co Maratón de Fútbol Sala de Baio, que organiza o alumnado de 4º da ESO do IES Maximino Romero de Lema para os días 21 e 22 de decembro.
A seguinte cita deportiva será o sábado 28 dende as 10:00h co Torneo de Baloncesto no Pavillón e culminará ca VI San Silvestre Baiesa, unha das citas máis esperadas do ano, co humor como gran protagonista na tarde do 31.
Xa Papá Noel toma o relevo e o martes 24 repartido agasallos polas casas, e cunha recepción artellada pola Asociación Adro no Centro Sociocultural ás 19:00h.
Para o venres 27, ás 20:00h toca sesión de cine con "O Apóstolo", ese filme de debuxos feito en Galicia.
O Teatro Badius representará en casa o sábado 28 o seu "Facer o sueco" en versión 3D, e ao remate haberá unha charla coloquio. E o domingo haberá Gala de Nadal.
Para xaneiro quedarán os obradoiros de Nadal e a cabalgata de reis.
Novas relacionadas
- A San Silvestre disfrazada de Baio.
- Unha exposición estrea os actos do 50 aniversario do CD Baio.
- Eu agasallo en galego.
- Un Nadal máis co Apalpador.
Outros programas de Nadal
- Fisterra e Corcubión únense por solidariedade.
- Un Nadal de música, poesía e teatro en Cee.
- Polo Nadal, en Laxe xogamos todos.
- 50 cousas que facer este Nadal en Carballo.
- Vimianzo prepara un Nadal.
- Ponteceso continúa co seu Nadal Máxico.
- Zas prepara un Nadal de tradicións.
- Dumbría soña polo Nadal.
- Muxia xa ten o seu programa de Nadal.
- Menudo Nadal máxico en Ponteceso.
- Os Empresarios de Ponteceso preparan un Nadal Tecnolóxico.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).