Mércores. 15.05.2024
El tiempo

Carballo dá un paso cara a Costa da Morte

Carballo dá un paso cara a Costa da Morte
carballoaunpaso

Novo Concello da zona que se desmarca cun plan de dinamización turística. Neste caso é o Concello carballés o que saca a marca "Carballo a un paso", campaña da que xa coñecimos o seu simpático vídeo promocional, realizado pola xente de Un sitio distinto. Unha campaña que achega ao concello bergantiñán á Costa da Morte, como vén indica o logo.

Xa está en marcha pois a web www.turismocarballo.com, facendo da rede un dos espazos máis importantes na dinamización turística. Un sendeiro semellante ao escollido polo Concello de Muxía e a súa campaña Camiñando car ao mar.

Outras das patas fundamentais é a nova Guía turística de Carballo, elaborada polo coñecido estudioso Xan Fernández Carrera, que pretende, en verbas do seu creador "sintetizar a información xeográfica, histórica e cultural de todo o municipio nunha publicación, ademais de promocionar a vila e o Concello de Carballo como destino turístico".

Mellora da sinaléctica, punto de información e stand turístico

Outro os obxectivos é facer o municipio máis alcanzable para os visitantes. Para iso, o proxecto recolle a mellora da sinalización do casco urbano, facéndoa máis sinxela e moderna, un proxecto que está en fase de licitación.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios