Carballo estrea nova Biblioteca


Xa está lista a nova Biblioteca Rego da Balsa e as instalacións situadas na rúa Bos Aires da capital municipal. Este venres 24, ás 19:00h, coincidindo co Día Internacional das Bibliotecas, terá lugar a súa inauguración, abrindo as portas a partir do luns 27.
Trátase dun "espazo dinámico para a difusión do libro e a lectura”, máis fácil para interactuar coa literatura, ecos máis de 5000 libros, entre eles os 600 libros doados por parte de Xosé Manuel López Eirís.
Habrá espazo para todos os públicos, dende a Bebeteca, pensada para nenos e nenas de 0 a 3 anos, pasando por unha zona para adolescentes, e, como non, para maiores. Contará con WIFI, varios sportes electrónicos, puidendo usar tabletas ou dispostivos portátiles dentro do recinto. Xa está deseñado, así mesmo, o logotipo da Biblioteca Rego da Balsa, que se converterá na imaxe xenérica para as dúas bibliotecas da vila e que consiste nunha B maiúscula cunha folla de carballo no interior -deseño de Patricia Portela-.
Para coller libros haberá que facerse socio

Novas relacionadas
- Innovar para poñer os pés na terra.
- Vence pon Carballo como modelo económico para os concellos de Galicia.
- O FIOT tamén se come.