mércores. 04.06.2025
El tiempo

Carballo prepara unha Happy ruta das tapas

Carballo prepara unha Happy ruta das tapas
Presentacion do Carballo por etapas

Agora si, "Carballo por etapas" está en marcha, esa proposta que pretende fomentar o turismo e o consumo de produtos autóctonos promovendo Carballo e a súa comarca e dando a coñecer a súa variedade gastronómica e hostaleira. Tralo éxito da singular proposta Contos de Taberna, agora a comida cobra todo o protagonismo, e 21 locais da capital carballesa terán dúas fins de semana completas de ruta dos pinchos.
Representantes de todos eles acodiron á rolda de prensa armada entre o Concello de Carballo e a Asociación de Xóvenes Empresarios de Bergantiños (Axober).

Nesta segunda edición os restauradores elaborarán para a súa degustación durante dúas fins de semana tapas con produtos orixinarios da zona ao prezo dun euro. Con cada tapa recibirase un rasca co que optar a algún dos máis de mil premios que están en xogo, e que van dende gorras e camisetas ata máis tapas ou botellas magnum de viño. A fin de semana do 23, 24 e 25 de maio o evento céntrase nas Xornadas do Atún Calvo con tapas elaboradas con este produto. A fin de semana do 30 e 31 de maio e 1 de xuño as tapas estarán dedicadas aos produtos de Bergantiños. Os horarios son de 12.00 a 14.00 e de 20.00 a 22.00 horas, agás o 23 de maio en que é só de 20.00 a 22.00 horas.

A lista de bares, tascas, mesóns e locais hostaleiros en xeral que participan na iniciativa son: A Barra Bar, A Cervecería de Luís, Bodegón O Pescador, Café Bar Manaus, Cafetería Abastos, Cafetería Bar Embajador, Cafetería Bar Ginebra, Cervecería Ágora, Cervecería Beos Coruña, Cervecería A Bombonera, Mesón A Cabaña, Mesón As Viandas, Restaurante Brasería Caracola, Restaurante Cafetería Casadela, Restaurante el Hórreo, Restaurante Mesón do Pulpo, Restaurante O Xabarín, Restaurante Vinoteca A de Pako, Taberna o Mexillón, Tasca o Casino, Trattoria Pizzería El Vesubio.

Unha nova iniciativa no marco do programa #QuedamosenCarballo/.

Because Carballo is Happy

Grabando-en-Carballo-o-Happy

Aos 1.636 vídeos das 142 cidades de todo o mundo que integran xa o movemento We are happy from… unirase a curto prazo o de Carballo. Onte comezaron as gravacións, e xa está elaborado un calendario para que as decenas de persoas que se anotaron poidan bailar ao ritmo de Pharrel Williams. A iniciativa das empresas carballesas VisualK e Comunicar arrancou esta mañá cun grupo de usuarios de Aspaber, que levaban varias semanas ensaiando co seu profesor de baile, co que teñen clase todos os venres. Hoxe demostraron que teñen moito ritmo e que levaban os pasos ben aprendidos.

A primeira gravación realizouse no comezo da Ruta das Férvedas, no barrio carballés de A Brea. Os promotores da iniciativa non só queren que os carballeses poidan unirse ao movemento internacional iniciado arredor da canción Happy, senón tamén que o vídeo sirva para dar a coñecer algúns dos recunchos de maior interese turístico do municipio. No calendario de gravacións inclúense lugares como o complexo costeiro Razo-Baldaio, o Bosque do Añón, as rúas do centro ou a praza do Fórum, entre outros, co obxectivo de ofrecer unha visión o máis ampla posible da capital de Bergantiños.

As gravacións continuarán ao longo de todo este mes de maio e nos primeiros días de xuño, sempre e cando as condicións atmosféricas as fagan posibles. Dende VisualK e Comunicar queremos agradecer o enorme interese que espertou a iniciativa e a participación desinteresada de todos os bailaríns.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios