Luns. 09.09.2024
El tiempo

Carballo publicou un libro cos seus exitosos Contos de taberna

Carballo publicou un libro cos seus exitosos Contos de taberna
Os Contos de Taberna de Carballo xa están nun Libro editador por Embora

Como nos gustou o proxecto Contos de Taberna que armou o Servizo de Normalización do Concello de Carballo. I é que levar os contos ás Tabernas, eses “espazos de historias, de palabras, de interacción e comunicación”, é tan evidente como orixinal.

Co viño, de tapa, un conto. Coa cervexa un poema. Co café un debuxo. De aperitivo, conversa e inspiración... E a partir de agora pódeselle botar o dente a todo isto en formato libro para que, entre outras cousas, sigan entrando ganas de ir explorando os diferentes locais que o protagonizan.

Máis de trinta creadoras e creadores interviñeron en Contos de Taberna con textos e ilustracións inspiradas en bares da capital bergantiñá. E agora, poderán os textos de dezaseis autores/as e as ilustracións doutros/as tantos/as creadores/as baseados en bares da capital bergantiñá compílanse agora nun libro que publica a editorial Embora.
O libro Contos de taberna será presentado na Praza dos Libros de Carballo o sábado 30 de agosto ás 20.30h.

En primicia na Praza dos Libros

Praza dos Libros de Carballo 2014

O libro, que conta coa colaboración do Concello de Carballo, está publicado pola editorial Embora e chegará ás librarías a principios do mes de setembro, mais xa se poderá adquirir en primicia na Praza dos Libros de Carballo, que terá lugar do xoves 28 ao domingo 31 de agosto. Alí terá lugar un acto de presentación deste novidoso libro o sábado 30 ás 20.30 h.

Os creadores

Os/as autores/as participantes nesta obra son: Ramón Vilar, Rosalía Fernández, Mercedes Queixas, Paco Souto, Ignacio Silva, José Antonio Andrade, Farruco Graña, Santi Garrido, Henrique Mariño, Santiago Pazo, Cristina Abelleira, Xurxo Borrazás, María Canosa, Alberto Varela Ferreiro, Fernando Cabeza Quiles e Beatriz Fraga.

E os/as ilustradores/as: O’ Mighelo, Pedro Tasende, Milagros Cotelo, Lidia Cambón, Paula Fraile, Mon Lendoiro, Santi Picos, Antonio Reino, Eva Facal, Antonio Taracido, Emi de las Heras, Roberta Venanzi, Chiña, Juan José Barro Canedo, Alberto Varela Ferreiro, Jacobo Moreira, Cristina Castro, Manuel Pazos.

Novas relacionadas

Fonte

  • Departamento Normalización Lingüística do Concello de Carballo.

Comentarios