xoves. 01.05.2025
El tiempo

Chapas e contos en Carballo para celebrar de xeito ameno o Día de Rosalía

Chapas e contos en Carballo para celebrar de xeito ameno o Día de Rosalía
Dia de Rosalia en Carballo 2014

O 24 de febreiro de 1837 naceu en Santiago de Compostela a gran poeta nacional galega, Rosalía de Castro. E, desde hai uns anos, a proposta da Asociación de Escritores/as en Lingua Galega (AELG), estableceuse ese día 24 de febreiro como Día de Rosalía, celebración á que este ano decidiu sumarse tamén o Concello de Carballo, por unanimidade, no pleno do 27 de xaneiro.

Así, para celebrar este día e para difundir a obra da autora, o Concello organiza dúas actividades na Ludoteca municipal de Carballo dirixidas a nenas e a nenos. O venres 21 de febreiro, ás 17.30 h, terá lugar o obradoiro Chapando a Rosalía, no que se fará unha lectura de poemas escollidos de Cantares Gallegos e, tras comentárenos as nenas e os nenos brevemente, cada un e unha escollerá uns versos que, xunto cun debuxo da autora que eles/as colorearán, transformarán nunha chapa para poder lucir nas súas chaquetas, cazadoras, camisolas, mochilas, etc. E, o propio Día de Rosalía, o luns 24, tamén ás 17.30 h na Ludoteca, terá lugar unha narración oral participativa, A paisaxe de Rosalía, que inventa as aventuras e trasnadas da pequena Rosalía a partir dos seus poemas. As nenas e os nenos asistentes terán que implicarse na narración para ir resolvendo unha serie de probas (a través de rimas, adiviñas, debuxos...) para que a historia poida continuar. Ao mesmo tempo, irán facendo un mural sobre o camiño que Rosalía ten que seguir na súa aventura. Ambas as dúas actividades son abertas e gratuítas.

Novas relacionadas

Fonte

  • Servizo de Normalización do Concello de Carballo.

Comentarios