Venres. 26.04.2024
El tiempo

Conta Doada, a aplicación gratuíta para levar as contas das asociacións

Conta Doada, a aplicación gratuíta para levar as contas das asociacións

A Deputación presentou a nova versión de Conta Doada, unha aplicación gratuíta para facilitar a contabilidade das asociacións. Entre as novidadades do programa, que ofrece un xestor documental e unha aplicación de facturación entre as súas novidades.

Ademais, os vindeiros 29 de setembro e 6 de outubro organiza dous cursos de formación sobre as novidades da versión 2017 de Conta Doada. O curso, de catro horas de duración, permitirá aos participantes aprender a utilizar o programa para comezar a traballar con el, ou mellorar o seu manexo para sacarlle partido ás novas ferramentas dispoñibles.

Para inscribirse nestes cursos, que tamén serán de carácter gratuíto, é necesario cubrir o formulario dispoñible no apartado Conta Doada da páxina web da Deputación. Os participantes recibirán un diploma acreditativo pola súa asistencia.

Máis información

Fonte

  • Deputación.

Comentarios