Feira, libros e alimentos xa comparten espazo na Praza dos Libros
Así abríu Xan Fraga co seu pregón, unha nova edición da Praza dos Libros de Carballos, unha das máis orixinais feiras literarias de toda Galicia. Volveu ata Gutember o bo de Fraga para criticar estamentos tan impunes como o mundo do fútbol e os millóns que se gasta a nosa sociedade nel.
Todo, como punto de partida a catro días dun intenso programa no Xardín Municipal, "un espazo de encontro e intercambio”. Días nos que degustaremos literatura, pois “os libros saben a pan e gloria", e "os libros son vida”, segundo o pregoeiro, que tamén recordou que en vindeiras semanas abrirá as súas portas a nova Biblioteca Municipal.
Teremos estes días grandes persoeiros da cultura galega por Carballo, como Xosé Neira Vilas, Rosalía Fernández Rial, Xurxo Souto, Suso Lista, Xosé Iglesias… Unha oferta á que se unen 7 librarías, que traerán a creatividade galega para que quen queira tamén a poida levar para a súa casa: Brañas, Trasgo e Ler (de Carballo), Roget (de Vimianzo), Pedreira (de Santiago), Á lus do Candil (de Arteixo) e Couceiro (da Coruña).
O horario de apertura é de 11.00 a 14.00 horas polas mañás e de 17.30 a 21.30 horas polas tardes.
A literatura, unha boa industria
Botando a mirada atrás, a Feira da Creatividade a Cultura de Carballo congregou na edición de 2013 a arredor de 5.000 persoas con vendas de máis de 1.500 libros. Unhas cifras máis que fantástica, demostrando que a literatura tamén é industria.
Máis información
Novas relacionadas
- Carballo volve facer da cultura alimento na Praza dos Libros.
- Xurxo Souto trae os seus Contos do Mar de Irlanda a Bergantiños.
- Os libros encheron Cee de literatura costeira.
- Carballo publicou un libro cos seus exitosos Contos de taberna.
- Amasando Pan de Carballo.