mércores. 26.03.2025
El tiempo

GC Tendencias, a cultura local e global dende casa

GC Tendencias, a cultura local e global dende casa
gc tendencias

Sempre é unha boa nova a mellora dun medio veciño e amigo, membro compañeiro ademais da Asociación de Medios en Galego. Hai pouco participamos no 10º aniversario do comprometido xornal Galicia Confidencial e esta pasada semana asistimos á presentación da nova imaxe dunha das súas liñas de traballo: a actualidade cultural galega.

Así, o novo GC Tendencias xa está na rede. E o fixo tras un “acto distendido no ghalpón do Abastos 2.0 en Santiago”. “Todo pode ser cultura, dende literatura e teatro ata patrimonio, gastronomía, benestar…” deixan claro dende o principio os Xosé Gago e compañía.

Así que simplemente vos animamos a que coñezades este espazo para seguir a actualidade “Cultural local e global, e as tendencias máis vangardistas” de Galicia.

Máis información

Novas relacionadas

Artigos da Voz dos Medios en Galego

Fonte

Comentarios