![]()
Jimi Hendrix será homenaxeado no
Rockin' Carballo; o festival de música alternativa das festas de San Xoán que se celebra o 1 de xullo e que foi
candidato nos premios Fest 2016. Está considerado como o mellor guitarrista de rock da historia e comparte protagonismo cun carballo nun cartel de gran potencia visual grazas á creatividade do deseñador carballés Juan Félix Gende.
Este ano cúmprense 75 anos do nacemento do músico norteamericano, que marcou un antes e un despois na historia do rock co seu inconfundible estilo, e a asociación cultural San Xoán quere que este ano tamén marque un antes e un despois na historia do Rockin’. O festival celebrarase o sábado 1 de xullo na zona do Rego da Balsa. Pero este ano a carpa non será o único escenario. O rock soará tamén noutro espazo urbano e nun horario diferente ao habitual do Rockin’, xa que
por primeira vez haberá sesión vermú.
Proximamente confirmaranse os grupos que participarán no festival. O Rockin’Carballo está organizado pola asociación cultural San Xoán e patrocinado polo concello de Carballo.
Novas relacionadas
Fonte