Miñanco tampouco quere mina de ouro

09:00 19/03/13
Dá gusto ver cando os proxectos culturais e de lecer se mesturan coa realidade social. Así o veñen de facer os compretidos bergantiñáns Mama Lolas Estudio, que leva a súa serie de animación "Un Sitio Distinto" a unha problemática moi actual estes meses na Costa da Morte.
E máis cando sabemos que O Goberno do PP financia con 350.000 o proxecto mineiro de Corcoesto, como nos contan os compañeiros de GC.
Ademais, achegamos a nova colleita de firmas online en contra da mina, que xa podedes asinar.
Nada menos que unha mina de ouro é o que vén a ofrecer un grupo empresarial estranxeiro, que ten toda clase de artimañas para convencer ao polémico alcalde de Miñanco... Pero conseguira corrompelo desta volta?
Máis información
Novas relacionadas
- Carta aberta ao alcalde de Coristanco sobre a mina de ouro.
- Chega o 4º capítulo da serie de animación bergantiñá Un sitio Distinto.
- Un Café de Pota para o alcalde de Miñanco no terceiro capítulo de Un sitio distinto.
- Un sitio distinto (II): Miñanco tamén se apreta o cinturón.
- Un sitio distinto: A primeira serie de animación con D.O. Bergantiños.
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).
Fonte
