mércores. 04.06.2025
El tiempo

O Festival Shanti OM volverá encher de paz Santa Comba

O Festival Shanti OM volverá encher de paz Santa Comba
Festival Shanti OM Santa Comba 2017

Despois do rotundo éxito do ano pasado con máis de 400 participantes, este ano non podía faltar a cita coa meditación, coa paz, coa reflexión en Santa Comba. Xa hai datas para o II Festival Shanti OM, que se celebrará na capital xalleira do 16 ao 18 de xuño.

”A Deusa Saraswati" (a imaxe do festival), invítanos a unir os nosos corazóns arredor de todo tipo de actividades, desde todas as variedades de Yoga, ata talleres de moitas variedades,concertos, danza e medicina alternativa, etc.

Haberá ademais unha área especial para os nenos de 5 a 12 anos cunha programación fantástica de entrada libre para os máis pequenos.

Máis información e inscrición

Xa podedes comprar as entradas físicas (25€ polos 3 días e 10€ as entradas soltas) no Resturante Factoría Verde e no Centro de Yoga INtegral Mahahsakti da Coruña, no Edificio de Servizos Múltiples de Santa Comba, ou informarvos en festivalshantiom.blogspot.com e no Facebook Festival Shanti OM.

Haberá acampada libre na zona de camping do campo do Carreiro.

Programa

Programa Festival Shanti OM Santa Comba 2017 1Programa Festival Shanti OM Santa Comba 2017 1

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).

Comentarios