Venres. 18.10.2019
El tiempo

A Festa da Pataca de Coristanco abre Novos Horizontes

A Festa da Pataca de Coristanco abre Novos Horizontes

Este pasado domingo, o concello bergantiñán de Coristanco acollía a XXXI Festa da Pataca de Coristanco. Unha cita gastronómica de primeira orde, na que participou a “Asociación de Desenvolvemento da Comarca de Bergantiños”. A entidade está a impulsar a recuperación e o consumo de variedades tradicionais de horta da bisbarra. Así, o GDR bergantiñá estivo presente cun stand informativo do programa Leader e do proxecto Novos Horizontes, que tanto éxito ten a pé de rúa como en formato degustación.

No stand exhibíronse os produtos obtidos nesta primeira campaña do proxecto Nuevos Horizontes, a través do cal se tentan recuperar variedades tradicionais de produtos de horta que poidan ter interese para o territorio. Entre eles amosáronse varias cestas de pementos das variedades arnoia, oímbra e punxín; tomate negro de Santiago; cebola de Vilagarcía e Pataca Fina de Carballo.

A Pataca Fina de Carballo, a estrella

En relación con este último cultivo (pataca Fina), no que se está a traballar dende o ano pasado, estase a recoller a produción do tubérculo nos dous campos experimentais postos en marcha para destinala integramente á obtención de semente para a vindeira campaña. O obxectivo é desenvolver o maior número de campos experimentais con esta semente mellorada ano tras ano e recuperar un cultivo que actualmente está sendo desprazado por outras variedades máis comerciais.

A presenza do GDR na festa da pataca foi frutífera, xa que tanto produtores como o público asistente en xeral mostraron un grande interese nos produtos expostos e ofreceuce ampla información sobre o proxecto e sobre as liñas de actuación do Grupo aos interesados.

Máis información

Novas relacionadas

Comentarios