O GDR escolla as 9 imaxes que mellor representan a beleza natural bergantiñá


Uns meses levaba en marcha a I Edición do Concurso Fotográfico “Comarca Natural de Bergantiños”. E xa temos, a falta de saber as posicións, ás 9 fotografías que mellor representan á beleza natural do norte da bisbarra. O GDR Bergantiños seleccionou, a través dun xurado técnico, as 6 fotografías premiadas e 3 accésit de entre as 193 fotografías presentadas polos máis de 30 concursantes.
Finalizada a selección por parte do comité avaliador, os/as concursantes tiveron a oportunidade de asistir a unha sesión formativa sobre aspectos técnicos das fotografías presentadas a concurso.
Queda pendente por determinar a data da entrega de premios que terá lugar na sede da Asociación de Desenvolvemento da Comarca de Bergantiños, sita no edificio do Centro Comarcal en Buño, e que se celebrará próximamente.
O tribunal estivo composto polos seguintes membros:
- Xoan Villarmea. Fotógrafo profesional. Premio “Mellor fotógrafo profesional de España 2011”.
- Xesús Búa. Fotógrafo profesional.
- Luz Díaz. Profesora de pintura.
- Marcos Rodríguez. Fotógrafo profesional.
- Xosé Mª Varela. Presidente da Asociación Cultural Monte Branco e membro da Xunta Directiva do GDR Bergantiños.
- Pablo Verdes. Fotógrafo profesional.
O xurado premiou a orixinalidade das súas perspectivas e encadres, así como a creatividade e a técnica empregada nas súas fotografías.

Novas relacionadas
- Fotografías para reflectir a beleza bergantiñá.
- Juan Louro gaña, “de volta”, o certame de fotografía de Corcubión.
- Ramón Caamaño busca un novo sucesor en Muxía.
- A Festa da Pataca de Coristanco abre Novos Horizontes.